sábado, 20 de marzo de 2021

MARTES CON ARTE: PEONZA, IKER PAZ 5º

Que sorpresa tivemos neste "MARTES con ARTE"!!! Iker Paz animouse a falarnos da Peonza, un xogo tradicional que moitos non coñecen ou teñen olvidado.

Interesantísimo Iker!!! Moi bo traballo!!!!!

venres, 19 de marzo de 2021

ESPECIAL "LUNS CON ARTE": 8M, GABRIELA E MATEO

Co gallo do Día da Muller, Mateo e Gabriela ofrecéronse a facer un Especial "Luns co ARTE" para falarnos de tres mulleres moi importantes.

MARTES CON ARTE: BAILE XIMNASIA RÍTMICA, EMMA 1º E ALMA DE 4º

Espectacular baile destas irmáns, Emma e Alma. Nótase que están compenetradas e que ensaiaron moitísimo.

Noraboa polo resultado.


FAMILIARÍZATE COA BIBLIOTECA: CAIXA DA CALMA

Continuamos coa nosa actividade FAMILIArízate coa BIBLIOTECA onde pretendemos involucrar un pouquiño ás familias na Biblioteca aportando as súas habilidades, coñecementos, afeccións, pasatempos...

Esta vez, tocoulle Lorena, nai de Vera de 4 anos e profe tamén do cole, que nos falou da Caixa da Calma. Explicou para qué serve, como se utiliza e qué materiais podemos gardar nela. Ao final Vera fíxo unha mostra dos exercicios prácticos que podemos realizar utilizando a Caixa da Calma.

Esperamos que vos sexa de utilidade.

domingo, 14 de marzo de 2021

MARTES CON ARTE: CANCIÓN CON CARMEN, PAULA PAZ E NOA DE 3º

Menudo espectáculo tiñan preparado estas tres artistas. Canción, coreografía e atrezzo, un todo incluído. Tan ben o fixeron que conseguiron PASE de OURO.

MARTES CON ARTE: PIANO CON GABRIEL 6ºB

Vaia sorpresa nos deu Gabriel Areán tocando o piano como un auténtico profesional. Aquí vos deixamos o vídeo e algunhas fotiños.


sábado, 13 de marzo de 2021

MARTES CON ARTE: VOLEIBOL CON ENMA DE 4º

Enma de 4º quixo falarnos nesta ocasión dun deporte, Voleibol. Fíxonos unha presentación espectacular sobre este deporte, tanto que xa temos ganas de comezar a practicalo.

Noraboa Enma!!!

CHARLA-OBRADOIRO DE IGUALDADE

Aquí vos deixamos algunhas fotos da Charla - obradoiro: "Sementando Igualdade, colleitando Xustiza" que fixo Bea Lede da Asociación Feminista "O soño de Lilith" co alumnado de 5º e 6º co motivo do Día da Muller.

venres, 12 de marzo de 2021

8M DÍA DA MULLER: GALICIANAS CIENTÍFICAS

Este ano polo 8M Día da Muller o Equipo de Dinamización da Lingua Galega fíxonos a seguinte proposta: Investigar sobre as Galicianas Científicas e un dos obxectivos será destacar o papel da muller en Galicia. 

Trátase dunha actividade na que cada grupo clase ten que elaborar un traballo en común en formato dixital sobre unha muller científica galega ou relacionada con Galicia. Cada aula fará unha breve reseña sobre a biografía da muller elexida e a súa aportación ao mundo da ciencia.

INFANTIL: MARILAR ALEIXANDRE
1º PRIMARIA: MARÍA JOSE ALONSO
2º PRIMARIA: DÉBORAH GARCÍA BELLO
3ºA Y 3ºB PRIMARIA: MARILAR ALEIXANDRE

4º PRIMARIA: ÁNGELES ALVARIÑO

5º PRIMARIA: ÁNGELA ROBLES Y MARIE CURIE

6ºA PRIMARIA: MARÍA BEGOÑA VILA COSTAS

6ºB PRIMARIA: MARISOL SOENGAS

PREMEDE NA FOTO PARA VER MÁIS

mércores, 10 de marzo de 2021