sábado, 20 de abril de 2019

DISFRUTANDO DA HORA DE LER


MARTES CON ARTE:
POPURRÍ DE BAILES

Por aquí vos deixamos un variado de zumba e bailes de nenas de 4º e 5º. Vaia artistas que temos en Chancelas.



Debido a un contratempo nunha actuación, tivémola que substituir por un popurrí de bailes improvisados polas nosas espectadoras. A ver que vos parece. 


SQUASH EN CHANCELAS

Aquí vos deixamos fotos da xornada de squash que disfrutaron os nenos e nenas, actividade ofertada polo Concello de Poio.

MARTES CON ARTE
TEATRO COAS NENAS DE 4º

Esta vez foron Mariña, Rocío e Paula de 4º as encargadas de preparar un teatrillo de marionetas. Con moito esforzo e ensaio, este foi o resultado. Todas unhas profesionais.



Despois tocoulle a quenda a Nuria de 4º e Rebeca de 5º cunha forma moi orixinal de crear historias. Esperamos que vos guste.



E se picades aquí poderedes ver algunhas fotiños e vídeos mais desta sesión de MARTES con ARTE.

venres, 12 de abril de 2019

RADIOCHANCELAS EN DIRECTO

Teo, Adrián F., Sofía e Inés de 6º tiveron o seu programa en directo o xoves 11 de abril na Praza da Chousa. Foi unha experiencia fantástica que esperamos poidamos repetir. Aquí vos deixamos un enlace e algunhas fotos da xornada.


MARTES CON ARTE:
PANDEREITADA EN CHANCELAS

Nesta ocasión foron Samuel, Sabelas e Inés as encargadas de agasallarnos con esta pandereitada. Velaquí un resumo da actuación.

domingo, 7 de abril de 2019

MÚSICA TIMBRE
XIMNASTAS CLUB SARAIBA
FORMACIÓN DE USUARIOS EN INFANTIL

Un dos obxectivos do currículo tanto de infantil como de primaria é saber empregar os recursos dunha biblioteca, así que é importante que desde pequeniños ya comecen a manexar os libros. Velaquí tedes aos pequenos de 4 anos tamén facendo formación de usuarios na nosa biblioteca.

ESTELA D´ANGELO EN CHANCELAS

Este ano volvimos a ter a sorte de contar, unha mañá enteira, coa presenza de Estela D´Angelo profesora da Universidade Complutense de Madrid e a Presidenta da Asociación Española de Lectura e de Escritura (AELE), que fixo varios obradoiros de escritura cos nenos do noso cole.

RADIO CHANCELAS: RECOMENDACIÓNS LECTORAS
ABAJO LOS MUROS, DE ERIC BATTUT