venres, 22 de novembro de 2019

BRIGADA ANTIPLÁSTICO

Seguindo coa nosa terceira norma de convivencia: COIDAMOS E MANTEMOS LIMPO O NOSO ENTORNO, e tendo en conta o noso compromiso de reducir plásticos, creouse espontáneamente unha BRIGADA VERDE ANTIPLÁSTICO que percorreu o patio na procura de lixo. 
E aquí tedes algunhas das colaboradoras e o resultado da súa labor.

FORMACIÓN DOS PROFES EN CINE CON... SERGIO CLAVERO

Durante a nosa vida nunca deixamos de aprender, incluso unha vez que rematamos no sistema educativo, continuamos adquirindo coñecementos, habilidades, valores... Por todo isto, os profes do cole continuamos co noso Plan de Formación, esta vez, sobre o tema do PDI deste curso: o CINE.

Tivemos a visita de Sergio Clavero, especialista en arte e creación audiovisual. Licenciado en Belas Artes pola Universidade do País Vasco na especialidade de Audiovisuais. Productor e director de cortometraxes, vídeos musicais e publicidade, en especial no campo da animación. Actualmente é profesor de secundaria na especialidade de Debuxo no IES de Cacheiras e profesor asociado da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Creador e responsable do proxecto educativo Aturuxo Films que recibiu numerosos recoñecementos como o Premio de Alfabetización Audiovisual 2014 do Ministerio de Educación ou o CISS PRAXIS de Cadernos de Pedagoxía á labor docente.

E con isto non hai mais que dicir, foi un luxo contar coa presenza de Sergio Clavero e disfrutar coas súas palabras.


Picade na foto para ver mais
MARTES CON ARTE: "MAXIA"

No noso cole temos moitos artistas: cantantes, bailaríns, deportistas, actores... pero ainda non tiveramos un mARTEs con ARTE de Maxia. Pero sempre hai unha primeira vez para todo e vaia coas artistas desta actuación, tivéronnos a todos e todas encandilados.

ABRACADABRA PATA DE CABRA
CON ESTAS NENAS DE 5º
DEIXÁMOSVOS SEN PALABRAS



Picade na foto para ver mais

luns, 18 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019

Este ano tivemos un magosto pasado por auga polo que non puidemos facer os nosos xogos tradicionais. Foi unha pena, pero o tempo non puido quitarnos as ganas de comer castañas asadas.

Grazas a todas persoas que se acercaron a axudar na castañada e a acercar aos nosos nenos e nenas a esta festa tradicional galega.

Picade na foto para ver mais
MARTES CON ARTE:
PANDEIRETA CON IRIA E DANIELA

Este curso estrenamos o noso mARTEs con ARTE cun dúo de luxo, Iria e Daniela, que nos fixeron unha mostra de cante e baile tradicional, desde pandeireta e cunchas ata baile. TODAS UNHAS EXPERTAS.



Picade na foto para ver mais