luns, 31 de maio de 2021

GLOBAL MUIÑEIRA EN CHANCELAS

O equipo de Dinamización da Língua en colaboración coas especialistas de Educación Física e Música quixeron pechar o mes de maio: Mes da Língua coa nosa particular Global Muiñeira.


venres, 21 de maio de 2021

ENQUISA PARA AS FAMILIAS SOBRE O FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA

 

O MURO DAS LETRAS GALEGAS

Aquí deixamos fotos do muro de pizarra do noso patio decorado co gallo das Letras Galegas.

OBRADOIRO INSTRUMENTOS MUSICAIS TRADICIONAIS

Neste mes adicado ás Letras Galegas, grazas á colaboración do Concello de Poio, os nenos e nenas de infantil, 1º, 2º e 3º recibiron a visita de Nelson Quinteiro que nos ofreceu un obradoiro de Instrumentos musicais tradicionais galegos. Unha xornada fantástica onde todos disfrutamos da súa compañía, do seu humor e o seu arte.

OBRADOIRO ACORDEÓN

Grazas á proposta do Concello de Poio, o alumnado de 4º e 5º de primaria tivo a sorte de recibir a visita de Juan José Mariño, que dirixe a Escola de acordeonistas de Campelo-Poio. Unha honra recibir os seus coñecementos e disfrutar da súa arte co acordeón.

FORMACIÓN PROFES

Aquí nos tedes en varias sesións de formación. Nesta ocasión sobre Matemáticas OAOA e TICs. O claustro de Chancelas sempre reciclándose.


sábado, 8 de maio de 2021

BOOKTUBERS NA BIBLIO

E por fin, xa esta´n listos todos os booktubers que se achegaron á biblioteca o Día do libro para facer a súa recomendación.