xoves, 30 de decembro de 2021

CONTOS POR NADAL 2021

A continuación deixamos a lista de reproducción de todos os CONTOS POR NADAL deste curso. Esperamos que vos gusten.

 

mércores, 29 de decembro de 2021

luns, 27 de decembro de 2021

MARTES CON ARTE: BAILE CON CARMEN E MARTA 3º

Vaia marcha nos transmitiron estas dúas nenas co seu baile. Pouco faltou para que comezaramos todos a bailar con elas.

domingo, 19 de decembro de 2021

AS FAMILIAS CONTAN: ANDREA, NAI DE CARLA

Aquí vos deixamos a segunda sesión de As familias contan da man de Andrea, a nai de Carla de 5 anos e Martín de 5º falándonos do seu traballo.

OS TRASNOS CHEGAN A CHANCELAS

Este ano o concello de Poio mandoulle a Papá Noel unha carta para que os trasnos percorresen todos os coles de Poio felicitando o Nadal a todos os nenos e nenas. Velaquí algunhas fotos

A VOLTAS COA ÁRBORE DE NADAL

 Este Nadal foron as nenas de 2º as que se encargaron de facer a árbore de Nadal toda feitiña coas novas dos xornais que reciclaron deste xeito. Estallles quedando xenial.

sábado, 18 de decembro de 2021

AS FAMILIAS CONTAN: MÉXICO CON CATA A NAI DE LUAN

Disfrutade das imaxe da sesión de As familias contan na que tivemos a visita de Cata a nai de Luan de 5 anos que nos achegou un pouquiño ao outro lado do océano, a selva de México, onde coñecemos unha morea de animais e moitísimas cousas mais.

FAMILIARÍZATE COA BIBLIOTECA: OBRADOIRO MATES OAOA

 Aquí vos deixamos o obradoiro de MATES OAOA a cargo das mestras Olga e Aida. Todo un éxito!!!

MARTES CON ARTE: BAILE E IOGA CON SABELA E MERCEDES 2º

Este mARTEs con ARTE foi moi completo. Primeiro tivemos un pouquiño de marcha cun baile realizado por Sabela e Mercedes de 2º e para rematar unha sesión de Ioga.

venres, 17 de decembro de 2021

MARTES CON ARTE: PIANO CON LÚA 4ºA

Arrancamos este curso os MARTES con ARTE con música. Lúa de 4ºA deleitounos cunhas pezas musicais do seu repertorio.


25N EN CHANCELAS

Este ano quixemos conmemorar o 25N Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres cun manifesto, un minuto de silencio e a canción Porta Violeta.

luns, 13 de decembro de 2021

O MUNDO DE RABI - Nº 1

Con moita fachenda presentamos o primeiro número de "O Mundo de Rabi" a revista do cole de Chancelas. 

Neste primeiro exemplar a redacción correu a cargo das aulas de 4º de Educación Infantil, 1º de Primaria e 5º de Primaria.

sábado, 27 de novembro de 2021

O FAROL. UN CONTO DE SAN MARTIÑO

Aquí vos deixamos o conto "O Farol". Un conto de San Martiño, elaborado polo alumnado de 6º de Primaria en colaboración coa mestra de música. Esperamos que vos guste.

venres, 26 de novembro de 2021

MAGOSTO EN CHANCELAS

Como vimos facendo desde hai moitos anos, celebramos o noso Magosto con xogos populares e cunha castañada/chourizada. Este curso, como sabedes, non puidemos celebralo xunto coas familias. Esperamos que a situación sanitaria mellore e o vindeiro Magosto poidamos estar acompañados por toda a comunidade educativa.

PREMEDE NAS FOTOS PARA VER MAIS


luns, 22 de novembro de 2021

TITORIZACIÓNS LECTORAS

Velaquí algunhas titorizacións lectoras. O alumnado proposto como "titor" acompaña na lectura aos compañeiros do seu grupo.

luns, 15 de novembro de 2021

VISITA DO CENTRO DE DÍA "SARAIVA"

Estamos encantado de recibir a visita dalgunhas das avoas do Centro de Día Saraiva co cal que estamos a traballar conxuntamente no noso Club de Lectura. Hoxe agasallámoslles cun conto musicado.

martes, 9 de novembro de 2021

SAMAÍN DENDE AS CASAS

Dende o Equipo de Normalización Lingüística propúxose ás familias lembrar o que se facía no Día de Defuntos nas súas casas. O noso alumnado recolleu todas esas historias das avoas e os avós, en pequenas gravacións que pouco a pouco estamos xuntando. Lembranzas inesquecibles dun tempo compartido que foi e será sempre moi especial.

Polo de pronto podedes escoitar ás familias dos nenos e nenas de sexto narrando as fermosas historias da súa tradición que tamén é a nosa.

Pronto poderedes escoitar as gravacións dos outros cursos.

luns, 1 de novembro de 2021

SAMAÍN EN CHANCELAS

Preme na imaxe para ver máis fotos deste terrorífico día

Mira o seguinte video para ver como @s maiores do cole disfrutaron do día de Samaín
@ceippchancelas

Samaín 2021##samaín ##samain ##halloween ##chancelasdamedo ##túneldelterror

♬ sonido original - CEIPP Chancelas

domingo, 24 de outubro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Co gallo do Día Internacional das Bibliotecas queremos agasallarvos cun vídeo resumo das actividades do pasado curso 2020 - 21. Aínda que foi un curso complicado cheo de dificultades por mor da situación sanitaria, puideron levarse a cabo unha morea de experiencias e aprendizaxes grazas ao esforzo de todos e todas (mestres, familias e alumnado).

Grazas pola vosa paciencia, comprensión e colaboración.


Ademais fixemos os nosos habituais "Apadriñamentos lectores". Nesta ocasión, ao igual que o curso pasado, non puidemos xuntarnos cos nenos e nenas doutras aulas. Polo tanto tivemos que facer un apaño e apadriñarnos os uns aos outros dentro da mesma clase.

Esperemos que para o vindeiro curso xa o poidamos facer como sempre.

venres, 22 de outubro de 2021

CHANCELAS INFORMA

Estamos quentando motores para comezar co noso PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO (PDI). Como avance enviamos un trailer, elaborado polo Equipo de TICs, onde o alumnado de 3 anos nos vai dar algunha pista sobre a temática que imos traballar durante este curso.

Atentos!!!

OS RABILECTORES

 Xa temos o noso Club de lectura creado, "Os Rabilectores". Esperamos que disfruten da lectura

MOCHILAS VIAXEIRAS

 As mochilas viaxeiras están preparadas para comezar a súa viaxe. Esperamos que as disfrutedes.

xoves, 21 de outubro de 2021

ESPAZO CREATIVO E VOLUNTARIADO NA BIBLIO

A vida na biblioteca non para, estamos a pleno rendemento grazas a axuda dos voluntarios da biblioteca. 

mércores, 20 de outubro de 2021

COMEZAMOS O PRÉSTAMO DE PATIO E BIBLIO

Por fin, os desexados xogos de patio xa están dispoñibles e os voluntarios de patio están listos para comezar co traballo de ayuda e colaboración nesta tarefa.


Por outra banda, na biblioteca xa está todo listo para comezares co préstamo de biblio e outras tarefas.

martes, 19 de outubro de 2021

FORMACIÓN DE NOVOS USUARIOS

Despois de pasar a adaptación, os nenos e nenas de 3 anos teñen que esforzarse moito para aprender todas as normas de funcionamento da biblioteca. Xa son uns verdadeiros chanceliñas.

domingo, 17 de outubro de 2021

FORMACIÓN PROFES: RADIO E TV

Xa comezamos a prepararnos para un novo curso cheo de novidades e os profes, como non podía ser doutra forma estamos traballando arreo para que todo vaia á perfección.

FORMACIÓN RADIO CHANCELAS


FORMACIÓN RABI TV

xoves, 30 de setembro de 2021

FORMACIÓN DO VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA

Os voluntarios expertos da biblioteca axudan nos inicios do novo voluntariado. Unha vez formados, seguirán a súa andaina ao longo do curso sen necesidade de axuda.

mércores, 7 de xullo de 2021

SAÍDAS Á PRAIA

Na hora de Educación Física deste fin de curso decidimos facer exercicio na praia de Chancelas. Ahí van algunhas instantáneas.




EXCURSIÓN FIN DE CURSO 6ºA E 6ºB

Aquí vos deixamos as excursións de fin de curso dos noso chancelotes que emprenden unha nova aventura no instituto. Bo camiño Chancelotes!!!! Botarémosvos de menos.


GUATEQUE PARA OS VOLUNTARIOS

Co fin de agradecer o traballo dos voluntarios que non puideron ir de excursión, Rabi invitou ao voluntarios de 4º e 5º a celebrar minifesta privada.


SALAD PARTY

Co fin de aproveitar os productos da nosa horta, celebramos a nosa SALAD PARTY

 

martes, 6 de xullo de 2021

OS DE 5º NA CATEDRAL DE SANTIAGO

 

OS DE 1º FACENDO CAMIÑO

DE ESCURSIÓN AO ALBERGUE

O alumnado de infantil e tamén o de 4º de primaria optaron por facer unha visita ao Albergue Virxe Peregrina e facer un pequeno tramo do Camiño de Santiago. Velaquí algunhas imaxes. Premede nas fotos para ver mais.




EXCURSIÓN VOLUNTARIOS BIBLIOTECA

 Despois de tanto traballo... un merecido premio.

GARDEN WORKSHOP

 

SAÍDA Á CANCEIRA 2º

Como fin de curso, o alumnado de 2º decidiu visitar a Canceira de Poio despois de ter traballado tanto sobre os seus canciños