venres, 25 de decembro de 2020

FAMILIArízate coa BIBLIOTECA: LÚA E SELENE

Comezamos a nosa actividade "FAMILIArízate coa BIBLIOTECA" cun agasallo navideño que nos fixeron Lúa (3ºA) e Selene (4 anos) coa súa familia.

Esperamos que vos guste.

Grazas familia pola vosa colaboración.

mércores, 23 de decembro de 2020

CONCURSO CARTEL: CONTOS POR NADAL

Aquí tedes a gañadora do concurso de carteis de CONTOS POR NADAL: Gabriela de 5º de Primaria.

Noraboa Gabriela!!!! Bo traballo


martes, 22 de decembro de 2020

CONTOS POR NADAL 2020

Un ano máis continuamos coa nosa especial actividade para estas datas CONTOS POR NADAL. Este curso non nos puidemos xuntar pero adaptámonos ás circunstancias. Velaquí o resultado de moito traballo tanto por parte do alumnado como do profesorado.

Desfrutade do noso particular festival deste ano. 

BO NADAL PARA TODAS E TODOS!!!!

3 ANOS

4 ANOS

5 ANOS

1º PRIMARIA

2º PRIMARIA

3ºA PRIMARIA

3ºB PRIMARIA

4º PRIMARIA

5º PRIMARIA

6ºA PRIMARIA

6ºB PRIMARIA

xoves, 17 de decembro de 2020

RECREOS E VOLUNTARIADO NA BIBLIO

Os voluntarios traballan arreo para deixar os préstamos listos que despois deixaremos en corentena para poder levalos a casa. Mentres, o resto de nenos traballan nos diferentes recantos da biblio.

domingo, 13 de decembro de 2020

MARTES CON ARTE: BALLET CON LÍA, SABELA, SOFÍA E MERCEDES 1º

Bueno, bueno, bueno... pero qué nivel temos na clase de 1º de primaria, vaia estilo, vaia flexibilidade, vaia clase...

Aquí vos deixamos cunha clase maxistral.

sábado, 12 de decembro de 2020

MARTES CON ARTE: TEATRO CON 6ºA

Aquí temos a algúns nenos e nenas de 6ºA facendo unha dramatización sobre a temática do respecto ao medioambiente. 

Moi bo exemplo chicos e chicas

xoves, 10 de decembro de 2020

COMPRA NO COMERCIO LOCAL

Velequí algunha fotos dos carteis da campaña que fixo a aula de 5º en favor da compra no comercio local. Esperemos que lles sirva aos nosos comercios locais de Combarro.

mércores, 9 de decembro de 2020

MARTES CON ARTE: LINGUAXE MUSICAL CON JIMENA DE 4º

Estreamos o noso MARTES CON ARTE deste curso coa actuación de Jimena facéndonos un xogos de linguaxe musical. Estade ben atentos, estade ante unha experta no tema. 

Grazas Jimena por compartir os teus coñecementos con todos nós desta forma tan divertida.

luns, 30 de novembro de 2020

RABI TV PRESENTA... EN@NTA@S

Xa temos o noso novo programa en Rabi TV e por suposto, en galego, que levará por título ENC@NTAD@S. Nesta sección terán cabida todas aquelas historias relacionadas co que mais lle gusta a Rabi, os libros. 

Neste primeiro capítulo e, aproveitando que o 13 de novembro foi o Día das Librerías, parte da clase de 5º entrevistou á propietaria da nosa querida Librería Combarro. Este foi o resultado.

FORMACIÓN "RADIO NA BIBLIO" EN 4º DE PRIMARIA

 Un ano mais estamos integrados no programa "Radio na Biblio" e grazas a isto podemos disfrutar de mais formación para os nosos chancelotes. Nesta ocasión tocoulle a quenda a 4º de primaria.

AS FAMILIAS CONTAN: NAI DE ANTÓN

Aquí tedes o noso terceiro capítulo de "As familias contan". Nesta ocasión foi Antón coa súa nai Patricia os encargados de contarnos un conto moi especial.

CHANCELAS EN NEGRO - CURTA REALIZADA POR 5º DE PRIMARIA

Aquí tedes o estreno da nosa Rabi TV por parte do alumnado de 5º de Primaria co gallo do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Eles mesmos elexiron situacións, que por desgracia son moi habituais, os lemas e despois dramatizáronas. 

Moi bo traballo chicos e chicas!!!!!

xoves, 26 de novembro de 2020

CHANCELAS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Como non podía ser doutra forma, o noso cole púxose mans a obra na loita contra a violencia machista. Da man do noso Equipo de Dinamización Lingüística e en colaboración coas especialistas de música e os titores levamos a cabo un acto que comezou coa lectura dun manifesto:


Ademais as nenas de 5º e 6º cantaron a canción Puerta Violeta, de Rozalen, traducida ao galego e ao finalizar gardamos un minuto de silencio para homenaxear ás víctimas por violencia machista. Debido á situación sanitaria actual fixémolo no patio gardando as medidas de seguridade e concentrándonos por burbullas en 3 quendas.




Ademais nas titorías realizáronse diferentes actividades relacionadas co a Eliminación da violencia contra a muller

mércores, 25 de novembro de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS FEMINISTAS




ESTRENAMOS RABI TV

Por fin temos montado o noso mini plató de RABI TV. Os primeiros en estrenalo foron os nenos e nenas de 5º de Primaria. E qué mellor ocasión que traballando polo Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. 

PICADE NA FOTO PARA VER MAIS

venres, 20 de novembro de 2020

RECOMENDACIÓN LECTORA EN RADIO TUI

Aquí vos deixamos a recomendación lectora dos nenos e nenas de 4º para Radio Tui: As peripecias de Extravaganzza Perez, de Ledicia Costas. Xa son uns expertos.

domingo, 15 de novembro de 2020

AS FAMILIAS CONTAN: PAI DE MATÍAS

Continuamos coa actividade AS FAMILIAS CONTAN. Nesta ocasión temos ao pai de Matías e Paloma dándonos unha receta saudable, aínda que polo título non o pareza: OVOS FRITIDOSCON PATACAS.

Moitas grazas pola colaboración.

xoves, 12 de novembro de 2020

CENTENARIO DE GIANNI RODARI

O pasado 23 de outubro conemorouse o centenario do nacemento de Gianni Rodari, escritor, pedagogo e periodista italiano. A súa obra "Gramática da fantasía" é todo un referente na pedagoxía infantil e na animación á lectura.

Rabi quixo homenaxear a este artista preparando unhas "Mochilas RODARI" que rodarán polas aulas ao longo deste curso.

PICADE NA FOTO PARA VER MAIS

Durante ás primeiras idades, cando nenos e nenas comezan a ler, é moi recurrente que as familias presionen aos seus fillos para que comecen a adquirir a lectura. Moitas veces isto faise antes de que o neno esté suficientemente maduro para adquirir este hábito, polo que acaba converténdose nunha rutina estresante e pouco motivante para eles, que acaban por odiar a lectura.

Aquí tedes unha breve reflexión de Gianni Rodari sobre "Nove maneiras de ensinar aos nenos a odiar a lectura".


Esperamos que vos sirva de axuda e, se queredes coñecer algunha das obras deste fantástico autor, recorda que na nosa biblioteca poderás encontrar os seus libros máis coñecidos.

sábado, 7 de novembro de 2020

AS FAMILIAS CONTAN: A NAI DE ESTRELLA

Xa comezamos coa nosa actividade AS FAMILIAS CONTAN. Nesta ocasión temos a nai de Estrella e Emilio dándonos uns consellos moi importantes sobre a importancia da boa utilización da mascarilla.

Moitas grazas pola colaboración.

venres, 6 de novembro de 2020

sábado, 31 de outubro de 2020

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Aquí vos deixamos algunhas imaxes da xornada de Samaín. Como veredes o noso "terrorífico" cole encheuse de cousas arrepiantes pero sempre entre elas os nosos contos, nesta ocasión CONTOS de MEDO, BOOOOO!!!!!!.



xoves, 29 de outubro de 2020

SAMAÍN VIRTUAL EN CHANCELAS

Este ano toca facer un Samaín diferente, pero non por iso deixarémolo de celebrar. Aquí tedes as actuacións virtuais que se verán nas aulas ao longo da mañá. Estade ben atentos, o TREPIDANTE SAMAÍN CHEGOU A CHANCELAS!!!! IDES TREMER DE MEDOOOOOO!!!!!

3 ANOS - A BRUXA PIRUXA 

4 E 5 ANOS - LOS ESQUELETOS

1º PRIMARIA - OS NOSOS MEDOS

2º PRIMARIA - A PORTA SECRETA

3ºA PRIMARIA


3ºB PRIMARIA - HALLOWEEN FIVE LITTLE PUMPKINS

4º PRIMARIA - CARMINA BURANA CARL ORFF

5º PRIMARIA - THE ADDAMS FAMILY

6ºA PRIMARIA - PANTASMAS EN CHANCELAS

6ºB PRIMARIA - THIS IS HALLOWEEN

venres, 23 de outubro de 2020

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

Como todos os anos quixemos celebrar no cole este día tan especial para nós. Non foi como sempre, pero a esencia non se perdeu. Velaquí as actividades que con tanto agarimo preparamos en colaboración co Equipos de TICs e Dinamización Linguística.

O primeiro foi a proxección en cada aula do videoconto SAR, SARELA e OS MONSTROS DE COMPOSTELA, elaborado pola aula de 5º de Primaria empregando a Radio do cole. Todos uns profesionais.

PICADE NA FOTO PARA VER MAIS

E por último non podían faltar os nosos APADRIÑAMENTOS LECTORES, esta vez dentro de cada clase.

PICADE NA FOTO PARA VER MAIS

mércores, 21 de outubro de 2020

UN AVANCE DO NOSO PDI

 

Xa adiviñaches cal é o PDI deste curso? Pois, se non está claro aquí tedes a segunda pista: unha morea de material para traballar nel.

sábado, 17 de outubro de 2020

venres, 16 de outubro de 2020

PRÓXIMAMENTE... EN CHANCELAS


INVESTIGANDO NA BIBLIO

O chancelotes de 2º xa están traballando arreo. Esta vez tiñan que investigar sobre o tema da alimentación. Aquí tedes algunha foto.


COMEZAMOS CO PRÉSTAMO

Por fin abrimos a biblioteca na hora dos recreos. Os nenos e as nenas de Chancelas estaban xa desexando comezar e o voluntariado estaba ansioso por empezar. Pero por fin, chegou o momento. O primeiro día facendo o préstamo e xa parecen profesionais.

venres, 9 de outubro de 2020

HOMENAXE A QUINO E MAFALDA

Esta semana dedicamos a nosa música timbre ao recén falecido QUINO e ao seu personaxe emblemático MAFALDA.

Ademais aproveitamos un peque-soneto do libro PEQUE-SONETOS para niñas y niños inquietos, de Víctor R. Alfaro.

PICADE NA FOTO PARA VER MAIS

martes, 6 de outubro de 2020

ASTRONAUTAS EN RADIOCHANCELAS

Os chancelotes de 5º quixeron estrenar este curso a nosa Radio na Biblio falando das súas investigacións sobre astronautas. Velaquí o resultado final.

VALENTÍN, AINHOA E ARTAI


SAMUEL, JOEL, PALOMA E ÍKER GARCÍA


LARA, AITOR E JUAN PEDRO


ÍKER, AYMAR E OLIVIA


GABRIELA, MIGUEL E AARÓN


DIANA, JAIRO E MATEO

luns, 5 de outubro de 2020

FORMACIÓN DE USUARIOS COS MAIS PEQUENOS

Este curso a formación de usuarios de biblioteca foi un pouco diferente á outros anos. Tivemos que comezar explicando as novas rutinas e normas para unha estancia na biblioteca mais segura.

Pero os mais cativos do cole estiveron mooooooi atentos.

xoves, 1 de outubro de 2020

ARRANCAMOS COAS MOCHILAS

Por fin comezamos a coller impulso e xa arrancamos coas mochilas viaxeiras, eso sí con todas as medidas necesarias para desfrutar dunha lectura segura nas nosas casas.

Non se lles ve moito as caras coas mascarillas, pero os seus olliños falan por sí solos. Un placer ver ese brillo ao levarlles as mochilas.

OS CHANCELIÑAS DE 3 ANOS INVADEN A BIBLIOTECA

Despois de coñecer a nosa mascota, o seguinte paso foi tomar contacto coa nosa BIBLIOTECA. quedaron hipnotizados.

EN 3 ANOS COÑECEN A RABI

Os peques de 3 anos xa tiveron o seu primeiro contacto con Rabi, a mascota do noso cole. Vaia sorpresa levaron.

DIPLOMAS PARA O VOLUNTARIADO DO CURSO 2019/20

Aquí vos deixamos a entrega de Diplomas que nos enviou a Asesoría de Bibliotecas Escolares para o alumnado voluntario no curso 2019/2020 que participou no programa Bibliotecas Escolares Solidarias.

venres, 25 de setembro de 2020

GALICIALe

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á lectura.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de teméticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio...) e todas as idades o seu lugar.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos : un que contén o "Catálogo galego" e outro que aloxa o "Catálogo en castelán". As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

Para acceder a GaliciaLe teredes que facervos socias/os dunha biblioteca pública e acceder aos contidos desde calquera dispositivo multimedia.

xoves, 11 de xuño de 2020

UN COLE DE CINE. "MARTÍN O NÁUFRAGO"

Aquí temos un verdadeiro curto de cine. Martín de 3º e a súa familia puxeron o listón moi alto. Vaia traballo fixeron para rematar este PDI dedicado ao CINE

martes, 9 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA VERÁN

Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para verán. Se picades nas imaxes poderedes enlazar con mais información interesante sobre os libros. Ademais, deixamos tamén unhas recomendacións lectoras para conseguir "UN FUTURO SEN PLÁSTICO"



xoves, 4 de xuño de 2020

RETO 4. UN COLE DE CINE

E, como non, a estes dous irmáns non lles quedou un reto sen facer. Xoel de 3º e Ían de 5 anos sorprendéronnos con este espectacular CARTELERA EN FAMILIA.

RETO 4. UN COLE DE CINE

Aquí temos a outro participante deste reto, Martín de 4º, que escolleu a modalidade: ANUNCIO PUBLICITARIO ANTIPLÁSTICO. Mirade que cartel mais chulo.