luns, 4 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, 17 de maio, Rabi deseñou dúas propostas:
  • Concurso de Fotografía: Consiste en escoller unha palabra galega e facer unha foto que evoque esa palabra.A duración do xogo será todo o mes de maio e os participantes serán recompensados con 2 Rabipuntos. A maiores as 3 mellores fotos obterán 5 Rabipuntos extra.
  • Concurso de Relato Curto: Terán que realizar un relato curto, escrito ou gravado en vídeo, empregando todas as palabras propostas polos profes no vídeo das LETRAS GALEGAS. Os relatos terán que ser orixinais, inéditos, de temática libre e escritos en lígua galega cun máximo de 300 palabras. A duración do xogo será todo o mes de maio e os participantes serán recompensados con 5 Rabipuntos. A maiores o mellor relato obterá 10 Rabipuntos extra.
Poderedes atopar unha guía de "COMO ESCRIBIR UN RELATO CURTO" picando no seguinte enlace:


Ningún comentario:

Publicar un comentario