domingo, 31 de maio de 2020
venres, 29 de maio de 2020
RETO 4: UN COLE DE CINE. ANUNCIO PUBLICITARIO ANTIPLÁSTICO
Aquí vos deixamos o vídeo e os carteis publicitarios ANTIPLÁSTICO elaborados por Alba e Naiara de 5ºA. Gran traballo chicas!!!!
martes, 26 de maio de 2020
domingo, 24 de maio de 2020
UN COLE DE CINE: INFOGRAFÍA ANTIPLÁSTICO
Ola
Chancelotes, pois a profe Carolina apuntouse ao reto de publicidade
antiplástico. Propón: crear un CARTEL OU "PANFLETO" coma
eses que se reparten para anunciar eventos, pero neste caso sería de
"RECOMENDACIÓNS E ALTERNATIVAS" aos plásticos. O arquivo
que creou non é un video, senón unha INFOGRAFÍA. É un material
que se pode logo imprimir ou simplemente difundir por calquera rede
social.
Se
queredes ver que programa utilizou para crear o cartel premede no
enlace.
tutorial
canva
e
para dispositivo móvil ou tablet:
sábado, 23 de maio de 2020
RETO 4. UN COLE DE CINE
Como moitos sabedes, desde fai anos, rematamos o curso cunha Xornada de portas abertas. É este o momento onde os nenos e nenas do cole expoñen todo o traballo realizado sobre o PDI: as súas produccións, as súas investigacións, as súas vivenzas... en fin, algunhas das súas aprendizaxes.
Pero este curso foi diferente, non puidemos amosar unha morea de cousas que con tanta ilusión argallamos e que con tantas ganas esperabamos o alumnado, o profesorado e... imaxinamos que tamén as familias. Por este motivo gustaríanos pechar o noso PDI adicado ao CINE coa vosa axuda.
Que cómo podedes axudar? Pois abrindo nesta ocasión as vosas casas ao cole participando neste RETO DE RABI. Para este reto soamente tedes que elexir unha destas tres modalidades:
- ANUNCIO PUBLICITARIO ANTI-PLÁSTICO: Nesta opción podedes recurrir á cartelería, eslogan, logotipo...
- FAMILIA DE CINE: Consiste en elexir a escena mítica dunha película e dramatizala en familia empregando todo o que se vos ocurra (maquillaxe, vestiario... e toda a vosa imaxinación).
- CARTELELA EN FAMILIA: Trátase de simular ou recrear en familia o cartel dunha película. Seguro que todos vistes a moda de imitar cadros famosos, verdade? Pois nós propoñemos a mesma actividade pero cun cartel de cine.
A duración desta actividade será ata rematar o curso o 19 de xuño e os participantes serán recompensados con 3 Rabipuntos.
LUCES, CÁMARA... AAAAAAAAACCIÓN!!!!
venres, 22 de maio de 2020
mércores, 20 de maio de 2020
martes, 19 de maio de 2020
domingo, 17 de maio de 2020
MARTES CON ARTE: COCIÑANDO MAGDALENAS
Este fin de semana deuselles a todos pola repostería, en especial polas magdalenas. Aquí vos deixamos a Ían de 5 anos, Lucía de 3º, Vera de 3 anos e Alba e Naiara de 5ºA. Menudos Chefs!!!!
LUCÍA DE 3º ÍAN DE 5 ANOS
VERA DE 3 ANOS
ALBA E NAIARA DE 5ºA
POEMA INÉDITO DE RICARDO CARVALHO CALERO
A Semente Trasancos honra a memoria do ilustre polígrafo ferrolano coa difusión do primeiro poema en língua galega titulado "A Galiza". Este texto foi publicado na revista "Maruxa" no día 20 de decembro de 1925. Carvalho Calero tiña quince anos. Ate este momento esta cantiga ficara inédita. Grazas á colaboración de Vitor Santalha e de José María Dobarro podemos compartila neste Día das Letras Galegas 2020. O vídeo "A Galiza, o primeiro poema en lígua galega de Ricardo Carvalho Calero" foi realizado coa dirección técnica de Bruno L. Teixeiro e recitado por Omar Calderón Yañez.
venres, 15 de maio de 2020
xoves, 14 de maio de 2020
mércores, 13 de maio de 2020
CONCURSO DE RELATO CURTO. LETRAS GALEGAS
E con este xa son 5 os valentes que se atreveron co RELATO CURTO. Esta vez foi MARTÍN de 4º. Velaquí a súa obra literaria.
luns, 11 de maio de 2020
CONCURSO DE RELATO CURTO LETRAS GALEGAS
Rabi está encantado con esta historia que nos preparou Sabela de 5ºB coas palabras galegas que escolleron os profes. Moi ben Sabela, outra valente que se atreve cos Relatos curtos
CONCURSO DE RELATO CURTO. LETRAS GALEGAS
Aquí deixamos o relato curto elaborado pola profe Alicia que, a pesares de non poder optar aos Rabipuntos, quiso agasallarnos con esta fermosa historia.
domingo, 10 de maio de 2020
venres, 8 de maio de 2020
OS CONTOS DE RABI: "ASÍ ES MI CORAZÓN"
Aquí vos deixamos este conto da profe Belén que dedicou aos seu nenos de 3 anos. Desde aquí, e con permiso de Belén, facemos extensiva a dedicatoria a todos os nenos e nenas do cole.
Agardamos que vos guste.
OS CONTOS DE RABI: "THE VERY HUNGRY CATERPILLAR"
Aquí tedes o conto da profe Carolina que fixo para o seu obradoiro de Vida Práctica. Ao final do vídeo propón un reto que o que queira tamén o pode facer. Grazas profe Carolina!!!
AS FAMILIAS CONTAN... TAMÉN DESDE CASA
Qué fermosa forma de contar un conto e ademais un tan bonito como "Orellas de bolboreta". Moitísimas grazas á familia de Daniel Abal de 4 anos.
CONCURSO DE RELATO CURTO
Aquí temos ao primeiro valente que se atreveu co Concurso de Relato Curto, MATÍAS de 4º.
Moi ben Matías!!!!
mércores, 6 de maio de 2020
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA LETRAS GALEGAS
Seguimos con máis fotos de palabras galegas:
MARTINA DE 3º
MATÍAS DE 4º
XOEL DE 3º ÍAN DE 5 ANOS
LARA DE 4º
PAULA DE 1º
IRIA DE 3º
DANI ABAL DE 4 ANOS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)