martes, 28 de xuño de 2022

CAMPIONATO DE PING-PONG

 Este curso tivemos un novo atractivo para os momentos de lecer do cole, a esperada

 MESA DE PING - PONG!


Esta foi acollida con moito entusiasmo polo alumnado, o cal adestraba sempre que podía e víase a mellora das súas técnicas e o aumento do nivel de xogo semana tras semana, mesmo retaban ó profesorado a xogar contra eles, que nivel!


No terceiro trimestre chegou o esperado CAMPIONATO no que cada un mostrou as súas mellores habilidades e un respecto polos rivais admirable, tanto como xogadores como como público.




Despois de varias xornadas chegou a final, na que participaron:  Miguel e Anxo de 4º A; Martín, Enzo e Joel de 5º e Jairo de 6º.







Os campións desta xornada foron:

    Anxo de 4º A (1º posto)

    Enzo de 5º (2º posto)

    Martín de 5º (3º posto)


O último día do curso todos os participantes recibiron un diploma pola súa participación e xogo limpo no campionato e os gañadores un premio especial para que continúen practicando no verán.


Noraboa a todos e todas as participantes polo ven que o fixestes e o entursiasmo mostrado ó longo de todo o campionato!

                                            VISITA O ÁLBUM CON TODAS AS FOTOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario