mércores, 18 de marzo de 2020

COÑECEMOS A ARTIE

Vaia sorpresa que levamos cando tivemos a visita de Amanda de Eurekakids que nos presentou a un novo amigo de RABI, o Robot ARTIE 3000. A verdade é que este amiguiño enganchounos bastante e puidemos comprobar con el unha chea de posibilidades.

Artie 3000 é un novo robot que nos vai ensinar a programar aos minicuriosos e amantes da tecnoloxía. Como? Os peques teñen a idea e Artie 3000, coas súas aplicacións integradas, a reproduce. Con Artie 3000 vai ser moi divertido e entretido debuxar diferentes deseños, formas e xogos preprogramados. Deste xeito, os pequenos poderán aprender programación básica, xeometría e mateméticas ao mesmo tempo.

Por suposto, queremos dar moitas grazas a Amanda, que nos brindou o seu tempo para formar aos nosos pequenos. Volve cando queiras!!

Picade na foto para ver mais

Ningún comentario:

Publicar un comentario