venres, 23 de novembro de 2018

OBRADOIRO DOS ESCRITORES

Os nosos pequenos escritores de infantil xa están en marcha producindo textos partindo dunha obra literaria. Como en anos anteriores, este curso traballaremos libros dun escritor/a galego/a que despois poderemos coñecer en persoa. Tocoulle a quenda a Antón Cortizas.

A selección de obras foi a seguinte:
  • Infantil: Sopra neste furadiño e O lapis de Rosalía.
  • 1º e 3º: O lapis de Rosalía.
  • 2º: Vaia tropa.
  • 4º e 5º: O merlo de ferro.
  • 6º: Zoonetos.
Aquí vos deixamos as fotos dos mais pequenos.


Picade na foto para ver mais

Ningún comentario:

Publicar un comentario