venres, 1 de xuño de 2018

MARTES CON ARTE:
BATERÍA, KAYAK POLO E PATINAXE

Agora tocoulle a Teo de 5º presentarnos a súa actuación de batería que, debido á complexidade de ter que traer o seu intrumento, optou por presentárnolo e facer un vídeo chulísimo da súa habilidade coas baquetas.



As seguintes foron as nosas chicas de Kayak Polo, que ata trouxeron toda a súa equipación en nós ensinaron unha morea de cousas. Mais de algún xa estará pensando en experimentar este deporte.

Un oleeeeeeeeee para Inés e Noa D. Tenaglia de 5º.



E por último, como colofón deste martes, a exhibición de patinaxe que nos fixeron Saray, Rocío, Nerea e Lucía de 4º. Para esta tivemos que trasladarnos ao ximnasio para non estragar o chan da biblio. 

Todas unhas expertas patinadoras!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario