xoves, 26 de outubro de 2017

UN RECREO NA BIBLIOTECA

Aquí tedes algunhas fotos dun recreo normal na biblioteca. Desde que ampliamos a biblioteca e abrimos en horario de recreo, estamos a tope: uns lendo, outros construíndo, algúns pintando... e outros, como os voluntarios, traballando. 

Viva a diversidade!!!

Picade na foto para ver mais

martes, 24 de outubro de 2017

II XORNADA DE PORTAS ABERTAS ÁS FAMILIAS NA BIBLIOTECA

Aquí tedes as fotos das familias que nos acompañaron nesta xornada para ver o vídeo das Bibliotecas de aula. Agradecemos enormente a visita de todas as familias á nosa biblioteca.


E POR FIN... 
OS APADRIÑAMENTOS LECTORES

Aquí vos deixamos algunhas fotiños da xornada de hoxe na que quixemos celebrar o Día Internacional das Bibliotecas cunha das actividades que mais lles gustan aos nenos e nenas.


AS NOSAS BIBLIOTECAS DE AULA

Para os que non puidechedes visitar a nosa Biblioteca, aquí vos deixamos o vídeo:

E... VELAQUÍ O RESULTADO...

FELIZ DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS






PREPARANDO O DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Aquí tedes a unha chea de voluntarios da biblioteca, e algúns colaboradores mais, decorando o noso cartel para o Día Internacional das Bibliotecas. Quedau precioso.



luns, 9 de outubro de 2017

PDI 2017 - 2018: 
PROTECCIÓN DO PATRIMONIO ETNOGRÁFICO

Este ano o PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO (PDI) do noso centro xirará arredor da Protección do Patrimonio Etnográfico. Así que xa se están preparando os nosos nenos e nenas para investigar moi afondo sobre o tema.