mércores, 22 de febreiro de 2017

O SAN VALENTÍN CHEGA A CHANCELAS

O San Valentín chega a chancelas con moitos libros de amor e un photocall moi divertido. Disfrutade das fotos picando na foto.

luns, 20 de febreiro de 2017

A VOLTAS COS LIBROS

Os voluntarios de RABI volven con forzas á nova biblioteca. A esperas de que cheguen as estanterias, pouco a pouco a biblio volve a encherse de libros. Comezamos a clasificación dos mesmos na zona de consulta e información.









mércores, 11 de xaneiro de 2017

PROXIMAMENTE... 

UNHA NOVA MALETA VIAXEIRA PARA AS FAMILIAS!!!! 


Pinchando na imaxe entraredes no contido da nova maleta viaxeira. Así poderedes ir escollendo o que mais vos interese. Lembrade que estará connosco un mes a partires do venres 13.
REFORMAS NA BIBLIOTECA

Ufff!!! Estas vacacións non paramos, o Concello xa nos ampliou a biblioteca e xa está pintadiña e con chan novo. Vai a quedar preciosa!! Pinchade na foto para ver a evolución.

luns, 26 de decembro de 2016

RECOMENDACIÓNS LECTORAS POLO NADAL

RAÚL VACAS EN CHANCELAS

Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º tiveron a visita de Raúl Vacas, autor de Abecé Diario:

Abecé Diario propón xogar coas letras e coas palabras, pero tamén acender ou avivar o interese e o gusto pola poesía. Para isto é importante perderlle o medo e convertila nun instrumento de aprendizaxe e nun método de descubrimento das cousas.

DESMANTELANDO A BIBLIOTECA

Ufff!!! Os voluntarios da biblioteca, os profes e unha chea de colaboradores andamos a cen por hora.

Nas vacacións de Nadal van a facernos obras na Biblioteca e temos que deixar todo listiño. Estamos a recoller e gardar todos os materiais da biblioteca: libros, audios, videos, xogos... Non paramos!!!