Iniciámonos coa robótica co noso primeiro xogo de programación, un rato programable para facer circuitos.
Picade na foto para ver mais
CHARLA COA GUARDIA CIVIL
Un ano mais tivemos a visita dun guardia civil para falarnos de dous temas moi importantes: "A responsabiblidade no uso das novas tecnoloxías" e a "Violencia de xénero"
Picade na foto para ver mais
XUNTANZA VOLUNTARIADO PATIO E BIBLIOTECA
Despois dun trimestre de moito traballo, os nosos voluntarios merecen unha xuntanza para valorar o seu traballo. Por suposto, a valoración foi moi positiva e todo o voluntariado tivo a súa recompensa cun picoteo saudable.
Picade na foto para ver mais
VOLUNTARIADO DE PATIO
Seguimos no noso empeño por mellorar a convivencia no cole e qué mellor forma que implicar aos nenos e nenas nesa tarefa. Unha das ideas que xurdiron por mellorar a convivencia no patio foi a de propoñer mais variedade de materiais. E velaquí aos voluntarios de patio repartindo todo tipo de xoguetes, instrumentos, pelotas, cordas, aros, raquetas...
BRIGADA VERDE
Algunas nenas de 2º seguen no seu empeño de colaborar para deixar o noso cole limpo e sen plásticos. Bravoooo!!!