luns, 6 de maio de 2019

MARTES CON ARTE:
TEATRO CON SOFÍA E ENMA DE 2º

Todo un reto para estas nenas de 2º, Sofía e Enma. Tiñan preparado con outra compañeira unha sesión de teatro, pero a falta desta por enfermidade levou a recurrir á improvisación. Non pasou nada, cun pouquiño de axuda puidemos sair do paso.

Ben feito nenas!!!

CONTINUAMOS CO PROXECTO: "O PATIO QUE QUEREMOS"

Queremos agradecer a todos e todas as que estades colaborando na remodelación do noso patio escolar e animar aos que poidades aportar algún gran de area neste sentido.

Xa temos cousiñas moi chulas: un tipi, un circuito de auga, mesas e tocóns no xardín, unha cociniña case rematada para o patio de infantil, o muro pintado con pizarra para debuxar nel... 

Ademais temos moitas ideas mais como: un rocódromo, poñer herba no patio de infantil, facer un circuito de troncos e cordas...

Aquí vos deixamos algunhas fotos do que levamos feito.

Picade na foto para ver mais
DÍA DO LIBRO:
APADRIÑAMENTO LECTOR

Co gallo do Día do libro, realizamos co xa é habitual os nosos apadriñamentos lectores. Ésta é unha actividade que lles encanta tanto maiores coma a pequenos. Este ano foi un día un pouco pasado por auga, así que decidimos non arriscar e realizalos dentro do cole, cada un no seu recanto preferido.

Picade na foto para ver mais
ESPAZO CREATIVO EN 5 ANOS

Aquí tedes aos chanceliñas de 5 anos facéndose ós novos materiais da nosa biblioteca. Como fixemos cos maiores, fixemos formación de usuarios e presentamos os diferentes recantos, o material, as normas, os tempos...

Picade na foto para ver mais
RABI XIMNASTA

Como homenaxe a varias das nosas nenas que adican parte do seu tempo libre á ximnasia rítmica, Rabi decidiu vestirse de ximnasta e dedicarlle a Sofía e Natalia de 6º, Lara de 3º 3 Julia de 5 anos unha semana de músicas-timbre relacionadas con este deporte.

Noraboa rapazas polo voso esforzo.

Picade na foto para ver mais
CONTINUA O NOSO ESPAZO CREATIVO

Nesta ocasión tocoulle a quenda a 6º, aos maiores. Fixemos un pouco de formación de usuarios, lembrando normas da biblio e presentamos o noso ESPAZO CREATIVO con todas as súas particularides: organización, materiais, normas de uso, tempos...

Picade na foto para ver mais
GRAN TRABALLO DOS VOLUNTARIOS DA BIBLIO

Como non nos chegaba co traballo que tiñamos na biblio, agora estamos dentro do Proxecto piloto para a renovación do Programa de xestión da biblioteca. Decímoslle adeus ao Meiga, que aínda que xa o controlabamos estaba un pouco anticuado, e saúdamos ao KOHA, que é mais rápido e intuitivo. O problema é que se nos incrementa o traballo pois temos que pegarlle uns códigos de barra a todos os libros da biblioteca.

MOITAS GRAZAS ás voluntarias e aos voluntarios. Nenos e nenas sen vós sería imposible.

E tamén GRAZAS ás nosas chicas da ANPA que cando teñen un ratiño véñennos a axudar nesta ardua tarefa.

Picade na foto para ver mais