VOLUNTARIADO EN CHANCELAS
Antes de rematar este curso non nos podemos esquecer dun agradecemento moi especial. Vai dedicado aos nosos VOLUNTARIOS de biblioteca e patio. 
GRAZAS:
por participar, 
por colaborar,
por ensinarnos a mellorar, 
por traballar tanto, 
pola vosa entrega e alegría,
por ser tan responsables, 
por perder non poucos recreos axudando aos demais compañeiros do cole,
por non pedir nada a cambio,
e sobre todo, por dar o voso tempo, poñer o voso corazón e compartir o vos sonriso.
Para os que se van MOI BOA SORTE NO VOSO NOVO CAMIÑO e para os que aínda se quedan, esperamos que, para o vindeiro curso, nos sigades acompañando.
UNHA APERTA MOI FORTE A TODAS E TODOS