Este curso, como xa vos foron contando os vosos fillos/fillas, propuxémonos un RETO importante, conseguir no noso centro RECREOS RESIDUO CERO.
O obxectivo é educar en sostenibilidade e concienciar á comunidade Educativa para implicala na redución da nosa pegada ambiental.
En resposta á actual emerxencia climática, queremos actuar. Por iso, como centro educativo, sumámonos ao reto RECREOS RESIDUO CERO, iniciativa posta en marcha polo colectivo medioambiental "Profes polo futuro" e apoiado polo Ministerio de Transición Ecolóxica. Trátase de que toda a comunidade educativa vaia na mesma dirección para reducir, na medida do posible, os residuos plásticos que xeramos na vida en xeral e nos recreos escolares en particular. Para isto, alumnado, familias, profesorado e demais membros da comunidade educativa debemos facer un esforzo por cambiar e mellorar a nosa forma de consumo, envasado e transporte de produtos. Cada persoa individualmente ten un enorme poder na redución de residuos plásticos. Usemos ese poder e melloremos a situación. Seguro que, aínda que ao principio nos resulta difícil cambiar os hábitos, atoparemos maneiras sinxelas e creativas de non xerar residuos plásticos.
A unión fai a forza e que hai máis importante que a saúde, a nosa e a do medio natural no que vivimos.
Sumádevos ao reto!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario