mércores, 4 de outubro de 2017



MÚSICAS TIMBRE 

CEIP PLURILÍNGÜE DE CHANCELAS 
CURSO 2017-18

SEMANA DO 25 DE SETEMBRO
A MÚSICA NO CINE - OS MUSICAIS


  • ENTRADA: ” Mamma Mia" – MUSICAL MAMMA MÍA
  • SAIDA RECREO: "América" - MUSICAL WEST SIDE STORY
  • ENTRADA RECREO: "Singing in the rain" - CANTANDO BAJO LA LLUVIA
  • SAIDA: “You are the one that I want” - MUSICAL GREASE

O musical é un xénero teatral ou cinematográfico no que a acción se desenvolve con seccións cantadas e bailadas, é dicir, combina músicacancióndiálogo e baile, e se representa en grandes escenarios, como os teatros de West End (Londres) ou en Broadway (Nueva York) principais sedes do teatro musical, seguido de Arxentina, Australia, Canadá, España e México.

* Mamma Mia é un musical (2008) baseado nas cancións do grupo sueco ABBA cun argumento similar ao da película de 1968 “Buona Sera, Mrs. Campbell”.

* West Side Story é un musical estadounidense baseado na adaptación da obra de William Shakespeare “Romeo e Julieta”. Ambientada na cidade de Nueva York a mediados dos anos cincuenta.

* Singing in the Rain, (Cantando bajo la lluvia) é unha película musical de Hollywood, estreada en 1952. Foi un gran éxito gracias as suas escenas de baile, en especial á de Gene Kelly baixo a chuvia, cando canta a canción que da título ao filme. 


Esta película está inspirada en toda a serie de Melodías de Broadway que se realizaron en Hollywood nos anos 30 e 40, coincidindo coa aparición do cine sonoro.

Sabías que nun primeiro momento o cine non tiña son, era o chamado CINE MUDO? Moitos dos grandes pianistas se iniciaron improvisando, en directo, sobre as imaxes do cine mudo.


E a que tampouco sabes por que a música dunha banda sonora se chama banda sonora? Pois sinxelamente porque iso é o que era. Unha banda magnética como as que usaban as antigas cintas de magnetófono, estendida a un lado dos fotogramas e que soa á vez que se proxecta o filme. As películas que tiñan formato de cinta, incorporaban tres bandas sonoras en estéreo: unha coa música, outra cos efectos especiais e outra cos diálogos, esta era a que se substituía para cambiar o idioma orixinal.

* Grease é un musical que se estrenou por primeira vez en 1971, no Kingston Mines Theatre de Chicago situado nun antigo garaxe de tranvías. En 1978 foi levado á gran pantalla, con John Travolta e Olivia Newton-John nos papeis protagonistas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario