MÚSICAS - TIMBRE
CEIP
PLURILÍNGÜE DE CHANCELAS
CURSO 2017-18
SEMANA
DO 2 DE OUTUBRO
ADICADA
A NOA GOLD
- ENTRADA:
NOA GOLD E MIGUEL BOSÉ - “La vida es bella"
|
- SAIDA RECREO: NOA GOLD E CARLOS NUÑEZ - "A lavandeira da noite"
|
- ENTRADA RECREO: NOA GOLD - "Balbel"
|
- SAIDA:
NOA GOLD - “Shaloom” *
|
*
Shalom: palabra
hebrea que significa
PAZ ou
BENESTAR.
Utilízase tamén como forma de saúdo equivalente a “ola” ou
“adeus”
Achinoam
Nini
coñecida en Europa polo seu nome artístico Noa é unha cantante israelí, nacida no 1969.
Con
8 anos xa empezaba a compoñer as súas primeiras melodías e cando
tiña 17 decidiu trasladarse a Israel. Alí seguiu cos seus estudos,
lugar onde coñeceu, en 1990, ao guitarrista e compositor Gil
Dar, que sería o seu compañeiro de grupo dende entón ata
o día de hoxe.
Miguel
Bosé naceu en Panamá no ano 1956
É un cantante e actor español colombiano, fillo do torero Luis Miguel Dominguín e da actriz italiana Lucía Bosé. Durante a súa carreira, vendeu máis de vinte millóns de copias en todo o mundo sendo moi popular tanto en España como en Italia e América Latina.
Carlos
Núñez Muñoz
Naceu en Vigo no 1971. É un músico español, considerado como
un dos mellores gaiteiros do mundo. Comenzou coas frautas, e máis
adiante, aos oito anos, coa gaita galega. Aos trece anos foi
descuberto por The Chieftains, no Auditorio de castrelos,
en Vigo, e comenzou a súa carreira na música.
É considerado un dos máis coñecedores da música celta. As súas investigacións están relacionadas coa orixe da música celta e a súa fusión coas músicas actuais do mundo.