mércores, 26 de abril de 2017

POR FIN, INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

O pasado luns, 24 de abril, co gallo do Día do libro, decidimos que xa era hora de inaugurar a nosa nova biblioteca. Aínda que faltan moitos detalles, queriamos poñer a andar este espazo tan importante para nós.

Para este evento, tivemos a honra de contar coa presenza de:
  • César Pérez Ares, Xefe Territorial de Pontevedra, como representación da Consellería de Educación.
  • O noso inspector de Educación, Daniel Rodríguez Alleres.
  • Luciano Sobral, alcalde do concello de Poio.
  • Mª Andrea Chapela Martínez, representando á ANPA.
  • Francisco César Díaz Rey, asesor do Centro de Formación e Recursos para o profesorado en Pontevedra
  • O persoal de limpeza do noso centro, Laura e Carmen.
  • O claustro ao completo.
  • E todo o alumnado.
O acto consistiu no corte da cinta vermella que deu entrada a todas as personalidades, un discurso de agradecemento por parte dos voluntarios e voluntarias da biblioteca, un vídeo do proceso de cambio e as palabras do xefe territorial e o alcalde.

Unha vez mais, queremos agradecer a colaboración e axuda da Consellería de Educación, a Asesoría de Bibliotecas Escolares, o alcalde e os traballadores do concello de Poio, as familias, o claustro de mestres/as, o alumnado e, sobre todo, ao voluntariado da biblioteca polo seu esforzo. Sen a unión de todos isto non sería posible.

PICADE NA FOTO PARA VER MAIS

Ningún comentario:

Publicar un comentario