POR FIN, INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA
O pasado luns, 24 de abril, co gallo do Día do libro, decidimos que xa era hora de inaugurar a nosa nova biblioteca. Aínda que faltan moitos detalles, queriamos poñer a andar este espazo tan importante para nós.
Para este evento, tivemos a honra de contar coa presenza de:
- César Pérez Ares, Xefe Territorial de Pontevedra, como representación da Consellería de Educación.
- O noso inspector de Educación, Daniel Rodríguez Alleres.
- Luciano Sobral, alcalde do concello de Poio.
- Mª Andrea Chapela Martínez, representando á ANPA.
- Francisco César Díaz Rey, asesor do Centro de Formación e Recursos para o profesorado en Pontevedra
- O persoal de limpeza do noso centro, Laura e Carmen.
- O claustro ao completo.
- E todo o alumnado.
O acto consistiu no corte da cinta vermella que deu entrada a todas as personalidades, un discurso de agradecemento por parte dos voluntarios e voluntarias da biblioteca, un vídeo do proceso de cambio e as palabras do xefe territorial e o alcalde.
Unha vez mais, queremos agradecer a colaboración e axuda da Consellería de Educación, a Asesoría de Bibliotecas Escolares, o alcalde e os traballadores do concello de Poio, as familias, o claustro de mestres/as, o alumnado e, sobre todo, ao voluntariado da biblioteca polo seu esforzo. Sen a unión de todos isto non sería posible.
PICADE NA FOTO PARA VER MAIS