xoves, 24 de abril de 2025

HORA DE LER EN INFANTIL

Aproveitando a chegada do bo tempo, saímos ao patio para desfrutar do momento da lectura.

OBRADOIRO OVOS DE OSTARA

Ostara é a festa pagana que se celebra no equinoccio de primavera. Un rito para honrar o despertar da natureza, a fertilidade, o equilibrio entre a luz e a escuridade.

Hai diferentes maneiras de celebrar Ostara: unha delas... decorar ovos.

Velaquí algunhas fotos do obradoiro onde Sole nos ensinou a tinguir os ovos e algunhas cousiñas oi interesantes.

Un agradecemento especial a Sole Saburido, nai de Malena 1º e Nahuel 4º pola súa colaboración.


CONCURSO "CANTA ROSALÍA"

Noraboa aos participantes no concurso "Canta Rosalía" (1º, 5º e 6º), especialmente ao alumnado premiado (1º na categoría de Campaniñas e 5º na categoría de Airiños) neste concurso organizado pola Deputación de Pontevedra.