domingo, 12 de maio de 2024

OBRADOIRO DE MODA. VISITA DE REBECA, NAI DE CARMEN

Os nenos e nenas de 1º, seguindo coas súas investigacións sobre a moda dos anos 70, recibiron a visita de Rebeca diseñadora de moda e nai de Carmen.

luns, 29 de abril de 2024

VISITA DA SOCIEDADE DE PESCA SOUTOMAIOR

Aula de natureza impartida por membros da Sociedade de Pesca Soutomaior que consistiu nunha charla sobre macroinvertebrados e bioindicadores da calidade da auga nos ríos, montaxe de mosca para pesca sen morte nos ríos e clase de técnica de lance de mosca seca.

mércores, 24 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO E VISITA DE EVA MEJUTO

Este ano tivemos a sorte de celebrar o Día do libro coa visita de Eva Mejuto. O alumnado acolleuna con moita emoción despois de levar todo o curso traballando as súas obras, especialmente o libro O día que choveron gatos.




OBRADOIRO DISCIPLINA POSITIVA 2ª PARTE

Debido ao interese creado polo primer obradoiro de Disciplina positiva, as nosas profes Paula e Menchu, certificadas co título de Disciplina Positiva, decidiron ampliar un pouquiño más este tema.

xoves, 15 de febreiro de 2024

XOGAMOS EN SAN VALENTÍN

Co gallo da Semana de San Valentín, Rabi propuxo un xogo. Das fotos propostas, tiñamos que elexir unha e inventar unha historia de amor. Ademais tamén "sacamos do armario" fondos sobre a diversidade afectiva e sexual que temos na biblioteca.

martes, 30 de xaneiro de 2024

DÍA DA PAZ 2024

Queremos compartir coa comunidade educativa o noso particular Día da Paz onde tivemos de todo: actuacións de Acrosport con 5º, 6ºA e 6ºB; manifesto e canción da Paz interpretada polo alumnos do cole e innauguración do Banco da Amizade.

xoves, 25 de xaneiro de 2024

OBRADORIO DISCIPLINA POSITIVA

O pasado martes 23 tivemos a visita de Bibiana Infante para facernos un obradoiro de Disciplina positiva coas nosas familias.

venres, 19 de xaneiro de 2024

VISITA PROFES CATALANAS

O pasado martes 16 tivemos a visita de dous profes catalanas para coñecer o funcionamento da nosa Biblioteca.

venres, 12 de xaneiro de 2024

OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS

 Velaquí algunhas fotos do obradoiro de Primeiros Auxilios promovido pola ANPA para o alumnado desde 4 anos a 3º de primaria.