luns, 29 de abril de 2024

VISITA DA SOCIEDADE DE PESCA SOUTOMAIOR

Aula de natureza impartida por membros da Sociedade de Pesca Soutomaior que consistiu nunha charla sobre macroinvertebrados e bioindicadores da calidade da auga nos ríos, montaxe de mosca para pesca sen morte nos ríos e clase de técnica de lance de mosca seca.

mércores, 24 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO E VISITA DE EVA MEJUTO

Este ano tivemos a sorte de celebrar o Día do libro coa visita de Eva Mejuto. O alumnado acolleuna con moita emoción despois de levar todo o curso traballando as súas obras, especialmente o libro O día que choveron gatos.