mércores, 29 de marzo de 2023

OBRADOIRO RADIO NA BIBLIO

Velaquí as fotos do obradoiro de Radio na Biblio con Soledad Felloza. Todo un placer contar con esta profesional.

venres, 10 de marzo de 2023

IOGA EN FAMILIA

Este xoves tivemos a visita de Paula Cores coa que desfrutamos dunha tarde relaxante onde conectamos corpo, respiración e mente. Esperamos repetir.

RETO RESIDUO CERO

Despois da primeira investigación das nosas merendas o alumnado de 5º foi á praia para saber se o plástico chegaba ao mar. E así foi, atoparon moito máis do que nos gustaría en so media hora de recollida. Noa de 5ºA dinos que imos facer nos próximos días. 


Días despois, os nenos e nenas de 5º foron polas clases informando sobre os perigos dos plásticos de un só uso e deron algunha pista de como podemos axudar ao planeta e conseguir o RETO RESIDUO CERO.

mércores, 1 de marzo de 2023

FORMACIÓN BIBLIOTECAS CREATIVAS

 Velaquí algunhas istantáneas do obradoiro Bibliotecas Creativas con Paola Guimeráns.