PADDLE SURF EN LA EXCURSIÓN DE LOS VOLUNTARIOS
Despois de moitos cambios na data da excursión por causa das condicións meteorolóxicas, por fin chegou o día e fixemos a nosa excursión cos voluntarios de Biblioteca. 
Cassio, monitor especializado en Paddle Surf, deunos unhas clases neste deporte e despois foron probando todos os nenos e nenas. 
Todo un pracer contar coa colaboración de Cassio e a súa experiencia. E se algún quere seguir experimentando no tema, aquí vos deixamos o seu enlace:
Non deixedes de ver as fotos, non teñen desperdicio. 
Picade na foto para ver o album enteiro de fotos









