▼
luns, 18 de novembro de 2024
venres, 8 de novembro de 2024
SESIÓN "ALFABETIZACIÓN OCEÁNICA" ORGANIZADA POR CIM E CAMPUS DO MAR
Hoxe tivemos a sorte de contar unha vez mais con Yolanda, de Arenaria Coordinación SLU, para ofrecernos una sesión interesantísima de Alfabetización oceánica organizada polo CIM (Centro de Investigació Mariña) da Universidade de Vigo.
Agradecemos moitísimo a Yolanda e a Arenaria Coordinación por pensar no noso cole para esta sesión na que o alumnado de 3º e 4º quedou enganchado de principio a fin.
luns, 4 de novembro de 2024
sábado, 2 de novembro de 2024
venres, 25 de outubro de 2024
xoves, 24 de outubro de 2024
venres, 18 de outubro de 2024
venres, 4 de outubro de 2024
xoves, 3 de outubro de 2024
domingo, 30 de xuño de 2024
PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA: ACTIVIDADES CURSO 23-24
Ó longo do presente curso o alumnado dos diferentes cursos gozou de xornadas de promoción da actividade física e dun estilo de vida activo e deportivo. Esta é unha pequena mostra de algunhas das actividades realizadas:
VISITA EQUIPO DE BALONMÁN POIO ARTAY
O alumnado de primaria goza dunha sesión de xogos de iniciación ó balonmán da man dos adestradores do equipo de balonmán Poio Artay.
XOGOS POPULARES
O alumnado de todo o cole realizou diversas xornadas de xogos populares en datas como o magosto ou as letras galegas. No magosto, o alumnado de 6º fixo o monitorado dos xogos de xeito voluntario, e que ben nos ensinaron todos os xogos. Pasámolo xenial.
XOGADE: XOGOS INTERCENTROS
O alumnado de 5º e 6º visitou o CEIP Marcos da Portela de Monteporreiro para vivir unha xornada de convivencia na que practicaron distintos xogos deportivos en equipos mixtos e mesturados dos dous centros así como unha merenda conxunta para favorecer as relacións sociais entre os nenos e nenas de ambos centros.
AVISTAMENTO DE AVES E SENDEIRISMO
O alumnado de 3º gozou dunha saída á contorna de A Seca en Poio para observar e aprender a diferenciar gran diversidade de aves de distintas especies, realizar sendeirismo e xogos no medio natural.
ORIENTACIÓN NA ILLA DAS ESCULTURAS
O alumnado de 6º gozou dunha xornada na que se realizou unha carreira de orientación na Illa das Esculturas de Pontevedra xunto co alumnado de outros centros.
ATLETISMO
O alumnado de 4º de primaria visitou o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para realizar unha xornada de experimentación de distintas disciplinas atléticas xunto co alumnado de outros tres colexios.
PIRAGÜÍSMO DRAGÓNS
O Alumnado de 5º e 6º experimentou a disciplina de piragüísmo dragóns, os de 6º foron ó Pontillón do Castro e os 5º gozaron de dúas xornadas unha de técnicas básicas polo río Lérez e outra de dragóns combinada con xogos na area na praia fluvial do río Lérez na que tamén participaron os alumnos e alumnas de outros centros.
VISITA DOS ADESTRADORES DO CLUBE DE TENIS DE MESA DE MONTEPORREIRO E SAÍDA Ó PAVILLÓN PRINCIPE FELIPE
O alumnado de 4º gozou dunha xornada no colexio cos adestradores do clube de Monteporreiro na que nos dou trucos e instrucións básicas para iniciarse no tenis de mesa ou ampliar coñecementos para logo poñer en práctica nunha xornada no centro Principe Felipe xunto co alumnado do colexio Isidora Riestra.
EXCURSIÓN VOLUNTARIADO: KITE SURF
O alumnado de 6º dentro do programa de voluntariado de patio e biblioteca tiveron o privilexio de gozar dunha xornada na que recibiron nocións básicas de kitesurf así como de padel surf ademáis de facer xogos na praia.
PIRAGÜÍSMO
O alumnado de 3º de primaria gozou dunha xornada de experimentación do piragüísmo en colaboración co clube Piragüísmo Poio con sede na nosa localidade. Pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas, logo aproveitando o bo tempo fomos a xogar á praia e darnos un merecido baño.
Ademais tivemos dous CAMPIONATOS, o de xadrez que foi novidade este ano contando cunha gran acollida e participación de todos os cursos de primaria e o de tenis de mesa que cada ano gaña mais afición no cole creando un ambiente de competición sana e compañeirismo entre público e participantes.
Todo un éxito nos recreos de Chancelas!
Nos recreos ademáis dos campionatos temos gran variedade de material de préstamo que os voluntarios repartían cada día nos recreos gozando así dun tempo de lecer máis activo e divertido.