luns, 11 de decembro de 2023

12 DÍAS 12 LIBROS: ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS

Por aquí temos a cuarta recomendación de Rabi: ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS, de Lewis Carroll 

martes, 5 de decembro de 2023

12 DÍAS 12 LIBROS: PIPI MEDIASLONGAS

Por aquí temos a terceira recomendación de Rabi: PIPI MEDIASLONGAS, de Astrid Lindgren


luns, 4 de decembro de 2023

12 DÍAS 12 LIBROS: CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE

Por aquí temos a segunda recomendación de Rabi: CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE, de Roald Dalh

 
 

venres, 1 de decembro de 2023

12 DÍAS 12 LIBROS: A HISTORIA INTERMINABLE

Por aquí temos a primeira recomendación de Rabi: A HISTORIA INTERMINABLE, de Michael Ende


OBRADOIRO DE HALLOWEEN EN FAMILIA

A nosa ANPA O Xunqueiro preparounos un obradoiro terrorífico onde puidemos decorar as cabazas para o Samaín e realizar espeluznantes manualidades. Velaquí algunhas fotos do obradoiro.

INERCAMBIO DE CARTAS POLOS APADRIÑAMENTOS LECTORES

Co gallo de celebrar o Día internacional das Bibliotecas cos nosos habituais apadriñamentos lectores, as parellas madriña/padriño e afillada/o levan uns días coñecendose a través de visitas e intercambio de cartas. Aquí vos deixamos algunhas fotos dos encontros.

PICADE NA FOTO PARA ACCEDER AO ÁLBUM

ARRANCAMOS COS OBRADOIROS

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

OBRADOIRO LÓXICA - MATEMÁTICA


OBRADOIRO DE IOGA


OBRADOIRO DE RADIO CHANCELAS

OBRADOIRO RABI TV

luns, 16 de outubro de 2023

VOLUNTARIADO E XOGOS DE PATIO

Este voluntariado leva un percorrido de 8 anos, pero fai catro cursos que se estableceu como grupo formal de mediadores. Os seus inicios, tiñan o obxectivo de favorecer a creación de patios inclusivos e puxemos o acento en 4 puntos clave: participación, inclusión social, igualdade de xénero, e sostenibilidade ambiental. Despois de analizar algunhas premisas como estas: o uso que se facía do patio en función do sexo e da idade do alumnado, as actividades realizadas, a división das zonas, a accesibilidade dos diferentes espazos, o contacto coa natureza... formouse un equipo de voluntarios de patio. Despois de recibir formación da responsable da biblioteca e a mestra de Educación Física estableceuse un calendario anual onde o alumnado foi rotando quincenalmente.

xoves, 5 de outubro de 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS

As nosas mochilas comezan a súa viaxe cunha morea de lecturas. Aquí vos deixamos algunhas fotos dos nosos voluntarios facendo o reparto de mochilas polas clases.

mércores, 27 de setembro de 2023

XUNTANZA DELEGADOS

 Velaquí os delegados facendo recordatorio dalgunhas normas básicas para mellorar a convivencia no centro.

luns, 25 de setembro de 2023

XUNTANZA VOLUNTARIADO

Xa temos equipo de voluntarios listos para comezar a traballar.



luns, 11 de setembro de 2023

PRIMEIRO DÍA DE COLE

 Velaquí aos nosos chanceliñas e chancelotes no primeiro día de curso.

domingo, 2 de xullo de 2023

FESTAS E DESPEDIDAS

E como colofón deste curso deixámosvos imaxes das festas e despedidas dos que se van pero sempre formarán parte da FAMILIA DE CHANCELAS.

sábado, 1 de xullo de 2023

EXPOSICIÓN DO PDI E VISITA DAS FAMILIAS

Depois de todo o curso mergullados con investigacións sobre o mar, velaquí algunhas fotos do resultado final coa exposición dos traballos a compañeiros e familias. Noraboa polo traballo!!!
PICADE NA IMAXE PARA VER MAIS FOTOS

venres, 30 de xuño de 2023

EXCURSIÓN VOLUNTARIADO

Unha vez mais queremos agradecer a colaboración do alumnado voluntario de patio e biblioteca polo seu  traballo para mellorar a convivencia no centro e a súa colaboración para levar a cabo o programa de Bibliotecas Escolares Solidarias. Velaquí mais fotos da excursión ao Aquapark, recompensa ben mereciada.
PICADE NA IMAXE PARA VER MAIS FOTOS

xoves, 29 de xuño de 2023

ACTIVIDADES DEPORTIVAS: PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA

Ó longo do presente curso o alumnado dos diferentes cursos gozou de xornadas de promoción da actividade física e dun estilo de vida activo e deportivo. Esta é unha pequena mostra de algunhas das actividades realizadas:

PASO DA VOLTA CICLISTA POR COMBARRO

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º baixan a animar aos ciclistas da volta no seu paso por Combarro.

 

VISITA DE VICTOR RIOBÓ A TRAVÉS DA FUNDACIÓN PHO3NIX

Visitounos o atleta Victor Riobó para realizar diferentes probas deportivas co obxectivo de fomentar a práctica deportiva no tempo de lecer, recibimos así mesmo o vídeo de Javier Gómez Noya, embaixador de dita fundación o cal nos dou moi bos consellos.

 

PRESENTACIÓN DO EQUIPO CICLISTA SUPERFROIZ DE POIO

O Alumnado de 2º e 3º de primaria foron dando un bonito paseo dende o cole ata a Praza da Chousa na que gozaron da presentación dos ciclistas do equipo Superfroiz e recibiron agasallos.

 

CAMPIONATO DE TENIS DE MESA E VISITA DE MIGUEL DA FEDERACIÓN

O presente curso celebramos o segundo campionato de tenis de mesa con unha gran afición que medra en Chancelas cada ano. Para a gran final contamos cun árbitro profesional, xa que ese día visitounos Miguel, adestrador e seleccionador da Federación Galega de Tenis de Mesa, o cal nos dou trucos e nocións básicas para iniciarnos na práctica deste deporte e logo foi o árbitro dos partidos da final.

 

EXCURSIÓN VOLUNTARIADO PATIO E BIBLIO

O alumnado de 5º e 6º dentro do programa de voluntariado de patio e biblioteca tiveron o privilexio de gozar dunha xornada de xogos acuáticos no Aquapark de Cerceda. Que ben o pasamos! Foi unha recompensa moi merecida xa que a súa labor é moi importante para o bo funcionamento dos patios e a biblioteca.

 

 


FESTA DA AUGA

O alumnado de 4º, 5º e 6º gozaron dunha xornada de xogos acuáticos para pechar o curso, contribuíndo así ó proxecto "Apertas a mares". Que ben o pasamos, alumnado e profes acabamos o curso ben fresquiños!