luns, 21 de novembro de 2022

VISITA DEPORTIVA

Por aquí vos deixamos imaxes da visita da Fundación PHO3NIX, da cal son embaixadores o triatleta pontevedrés Javier Gómez Noya e o atleta Víctor Riobó, co obxectivo de fomentar a práctica de actividade física de cara a unha vida saudable.

Aproveitamos tamén para facerlle unha entrevista na nosa Radio Chancelas

Grazas pola iniciativa!!


PICADE NA IMAXE PARA ACCEDER Á ENTREVISTA

venres, 18 de novembro de 2022

SAÍDA Á CORUÑA

Co gallo de motivar o noso PDI Chancelas: apertas a mares, os maiores de 5º e 6º fixeron unha excursión a A Coruña para visitar entre outras cousas o Aquarium Finisterrae.

PICADE NA IMAXE PARA VER MAIS FOTOS

mércores, 16 de novembro de 2022

OBRADOIRO MEDIADORES BIBLIO-PATIO

Poñémonos en marcha co noso proxecto Mediación escolar formando ao alumnado voluntario de biblioteca e patio en mediación para a resolución de conflictos, formación que lles será útil non so no ámbito escolar senon tamén para moitos aspectos das súas vidas.

CHANCELAS EN ONDA CERO

O Concello de Poio vén de estrear unha actividade ideada para celebrar o 50 aniversario do Conxunto Histórico Artístico coa rapazada dun xeito lúdico e divulgativo. Trátase dunha actividade de rastrexo denominada Combarro City Chase e posta en marcha pola Concellería de Educación en cooperación cos colexios da zona, entre eles Chancelas.




COMBARRO CITY CHASE NA PRENSA

Ademais, grazas a este Proxecto, algúns dos nosos nenos e nenas puideron participar nun programa en directo con Onda Cero.


NOVA ADQUISICIÓN: A MÁQUINA DE CHAPAS

Primeiro os profes tivemos unha pequena formación e pouco a pouco foron probando algúns nenos e nenas.


O SAMAÍN EN CHANCELAS: MONSTROS MARIÑOS

Este curso, polo Samaín, ambientamos as portas das aulas cos nosos particulares monstros mariños e elaboramos unha ficha técnica de cada un deles e, como é costume decoramos o cole con cabazas terroríficas.

PICADE NA IMAXE PARA VER MAIS FOTOS

VISITA ESTELA DÁNGELO

O día 10 de novembro tivemos a sorte de recibir a visita de Estela D´Angelo, doctora en Ciencias da Educación, profesora na Universidade Complutense de Madrid e presidenta da Asociación Española de Lectura e Escritura (AELE).