venres, 25 de xuño de 2021

REFLEXIÓNS SOBRE O FUTURO DO PLÁSTICO. CURTA DO ALUMNADO DE 5º

Como broche de ouro queremos rematar este curso cunha curta feita polo alumnado de 5º de Primaria cunha reflexión sobre como podería ser o noso futuro no 2050.

CHANCELAS NO CAMIÑO. PROXECTOS FINAIS

 EDUCACIÓN INFANTIL

1º PRIMARIA

2º PRIMARIA

3º PRIMARIA


4º PRIMARIA

5º PRIMARIA

6ºA PRIMARIA
 

6ºB PRIMARIA

MÚSICA




ARTS AND CRAFTS

martes, 22 de xuño de 2021

MARTES CON ARTE: BATERÍA CON AARÓN DE 5º

Aarón quixo pechar este curso os mARTEs con ARTE cunha actuación maxistral. Mostrounos un vídeo tocando a batería, e que ben o fixo.

MARTES CON ARTE: BACHATA CON AINHOA E AARÓN DE 5º

Aínda que non puido ser en martes es tes dous bailaríns non querían acabar o curso ser bailar Bachata. Vaia ritmo!!!

luns, 21 de xuño de 2021

MARTES CON ARTE: BAILE CON MERCEDES E SABELA 1º

Nesta ocasión Mercedes e Sabela fixéronnos un baile dramatizado con moita intensidade. Esperamos que disfrutedes

MARTES CON ARTE: GIMNASIA RÍTMICA CON ENMA E ALMA 4º

Excelente exposición de Enma e Alma sobre o deporte que levan anos practicando: Gimnasia Rítmica

MARTES CON ARTES: VASOS SONOROS II CON 6ºB

Aínda que xa fixeron un mARTEs con ARTE de vasos sonoros, estas nenas e neno de 6ºB quixeron probar sorte con esta variante. Velaquí o resultado.

mércores, 9 de xuño de 2021

ÚLTIMANDO O FIN DO NOSO PDI

Xa levamos todo o curso a voltas co noso PDI: Chancelas no Camiño. Pronto estará listo para difundilo ás familias pero como adelanto, aquí vos mandamos algunhas instantáneas do traballado.

PROXECTO "A CANCEIRA DE POIO": CANS EN ADOPCIÓN

Este curso o alumnado de 2º de Primaria quixo axudar aos canciños abandonados a atopar unha nova familia. Aquí vos deixamos un resumo de todo o traballado.


A BIBLIO DE RABI, BIBLIOTECA CREATIVA

O noso cole entrou este ano a formar parte do Proxecto Bibliotecas Creativas e xa tivemos un achegamento á linguaxe da programación cos nosos primeiros escornabots. Aquí vos deixamos un vídeo dalgunhas das cousiñas traballadas.

sábado, 5 de xuño de 2021

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Continuando coa nosa defensa do medio ambiente, deixamos unha mostra dalgunhas recomendacións lectores "ecoloxistas".

FELIZ DÍA DO MEDIO AMBIENTE!!!

ESCRIBIR COMO LECTORES: MARILAR ALEIXANDRE

Poñemos fin ao noso Obradoiro de Escritores sobre as obras de Marilar Aleixandre dunha forma especial. Xa que este curso a visita de Marilar non foi posible, esperamos que estes vídeos lle gusten feitos con moito agarimo por todo o cole.



martes, 1 de xuño de 2021

RECOLLEMOS PLÁSTICOS NA PRAIA

O alumnado de 5º sigue no seu empeño de reducir os plásticos. Nesta ocasión foron á praia cos compañeiros de 6º para investigar os residuos que podemos atopar alí.