RADIOCHANCELAS RECOMENDA
▼
mércores, 22 de xaneiro de 2020
domingo, 19 de xaneiro de 2020
OBRADOIRO DE ESCRITORES TAMÁN EN INFANTIL
Como o resto do cole, os pequenos de infantil tamén comezamos a traballar cos libros de LEDICIA COSTAS que nos virá a visitar no terceiro trimestre. Comezamos facendo hipoteses do título do libro a partires da observación da portada. As obras escollidas foron:
venres, 17 de xaneiro de 2020
MARTES CON ARTE: PATINAXE CON PAULA PAZ, PAULA PORTELA, NOA, XULIA, CARMEN E ANTÍA DE 2º
E aquí vos deixamos o último mARTEs con ARTE deste trimestre da man dalgunhas nenas de 2º que se atreveron co patinaxe. Esta vez, por motivos de espazo, tivemos que trasladarnos ao ximnasio.
Queremos dar a noraboa a estas nenas polo seu esforzo e agradecer ás familias que se acercaron a ver a actuación e axudaron na posta en escena.
UN REMATE DE TRIMESTRE CON BROCHE DE OURO!!!
CONTOS POR NADAL 2019
Un ano mais celebramos o Nadal no cole compartindo contos coa nosa actividades de xa moitos anos CONTOS POR NADAL. Esta actividade consiste en que todas as clases contan un conto a outras e a súa vez tamén reciben un conto. Non é un intercambio, vai a sorteo.
A verdade que é unha actividade moi especial que os nenos e nenas esperan con ansia e onde se crea un momento máxico á vez que traballamos a expresión oral, a convivencia, dinamizamos o galego e aproveitamos para animar á lectura e recomendar lecturas, entre outras cousas.
Este ano o resultado foi este:
A QUÉ SABE A LÚA, 3 ANOS A 2º
Picade para ver mais fotos
"POR CATRO ESQUINIÑAS DE NADA", 4 ANOS A 6º
Picade para ver mais fotos
"MAMÁ NOEL", 5 ANOS A 1º
"OS TRES REIS DE ORIENTE", 1º A 5 ANOS
"O OSIÑO ROSA", 3º A 4 ANOS
"A MELLOR SOPA DO MUNDO", 5ºA A 4º
"PENSA QUE LLE PIDES A PAPÁ NOEL", 5ºB A 5ºA
Picade para ver mais fotos
"MARUXA", 6º A 3 ANOS
CANCIÓN MARUXA 6º
Picade para ver mais fotos
xoves, 16 de xaneiro de 2020
MARTES CON ARTE: TEATRO
CON ALMA, SARA, ENMA, VEGA E SOFÍA DE 3º
Estas nenas de 3º quixeron facer a súa versión teatral de dos clásicos: Caperuchiña vermella e Os tres porquiños.
Desde logo, fixeron uso da súa imaxinación, creatividade e capacidade de improvisación. E velaquí o resultado.
CAPERUCHIÑA VERMELLA
OS TRES PORQUIÑOS
luns, 13 de xaneiro de 2020
INICIÁMONOS NA ROBÓTICA
Neste ocasión tivemos a visita de Antonio, pai de Dani e Xulia que nos está a axudar a iniciarnos nisto da robótica e a linguaxe da programación.
Tentaremos arracar este ano con algunha cousiña sinxela. Grazas Antonio por compartir os teus coñecementos connosco.
Picade na foto para ver mais
FAMILIArízate COA BIBLIOTECA: "XOGOS TRADICIONAIS VS NOVAS TECNOLOXÍAS"
Tivemos a sorte de contor outro ano mais con Patricia Lage, óptico optometrista e nai de Gabriel e Iris, que nos deu unha charla moi interesante sobre os beneficios dos xogos tradicionais fronte ás novas tecnoloxías. Ademais, de forma paralela, Gabriel fixo de monitor do noso obradoiro de XOGOS COA VISIÓN para os mais cativos.
Moitas grazas aos dous por compartir os vosos coñecementos e experiencia.
Picade na foto para ver mais
FAMILIArízate COA BIBLIOTECA: BAILES DE SALÓN
Desde logo neste obradoiro desfrutamos tanto os maiores coma os pequenos. Queimamos calorías e aprendimos algún que outro pasiño para a festa de finde ano. Repetirémolo seguro!!!!!
Picade na foto para ver mais
COMISIÓN PATIO
Desde a Comisión de Patio, seguimos a argallar cousas para mellorar o noso patio. Animádevos a participar!!!
Picade na foto para ver mais