xoves, 20 de xuño de 2019

PADDLE SURF EN LA EXCURSIÓN DE LOS VOLUNTARIOS

Despois de moitos cambios na data da excursión por causa das condicións meteorolóxicas, por fin chegou o día e fixemos a nosa excursión cos voluntarios de Biblioteca. 

Cassio, monitor especializado en Paddle Surf, deunos unhas clases neste deporte e despois foron probando todos os nenos e nenas. 

Todo un pracer contar coa colaboración de Cassio e a súa experiencia. E se algún quere seguir experimentando no tema, aquí vos deixamos o seu enlace:

Non deixedes de ver as fotos, non teñen desperdicio. 

Picade na foto para ver o album enteiro de fotos

luns, 17 de xuño de 2019

COÑECENDO AOS NOVOS CHANCELIÑAS

A familia de Chancelas sigue crecendo. Uns marchan para vivir outra etapa no Instituto e outros veñen. 

Pero os recén chegados pisan forte e xa se moven como peixes na auga por todos os espazos do cole.

domingo, 16 de xuño de 2019

PRESENTACIÓN PDI ÁS FAMILIAS: O NOSO MONTE. A CASA DE RABI

E por fin chegou o día. Todos estabamos dos nervios nenos, profes e familiares. Pero todo traballo ten a súa recompensa. Foi unha xornada moi axetreada pero chea de emocións. É todo un placer para unha mañá compartindo os nosos traballos coas familias.

martes, 11 de xuño de 2019

ENSAIANDO PARA A PRESENTACIÓN DO PDI ÁS FAMILIAS

As exposicións orais é unha das aprendizaxes mais importantes e útiles, non só na escola senón para ao resto da vida. E toda exposición require un ensaio previo. Aquí tedes algunhas fotos dos momentos onde os nenos e nenas comparten as súas investigacións con outras aulas ao tempo que ensaian para a xornada de portas abertas coas familias.

Picade na foto para ver mais

luns, 10 de xuño de 2019

RUGBY EN CHANCELAS

Un ano mais tivemos a sorte de contar cun obradoiro teorico-práctico de Rugby, un deporte pouco coñecido polos rapaces e rapazas. E isto foi posible grazas á visita de Antón e Mer, uns profesionais no tema. Aquí tedes algunhas fotos dalgúns momentos.

domingo, 9 de xuño de 2019

VISITA ORNITÓLOGO E EXCURSIÓN AO LAGO DE CASTIÑEIRAS

Para poñer colofón ao noso PDI, as nenas e nenos de 1º, 2º e 3º, despois de buscar moita información sobre as aves, organizala e clasificala, tiveron a sorte de recibir a visita dun experto ornitólogo que nos deu un charla interesantísima sobre as aves.

Picade na foto para ver mais

Despois acompañounos  ao Lago de Castiñeiras onde puxemos en práctica as nosas investigacións e tomamos unha morea de notas.


E ao rematar o traballo un pouquiño de diversión. Un día mooooooi completo.


                                    Picade na foto para ver mais

sábado, 8 de xuño de 2019

CHARLA PROTECCIÓN DO MONTE

Os nenos e nenas de infantil recibiron a visita da Brigada helitransportada de O Campiño que nos deu unha charla sobre a protección e o coidado do noso monte, para aí seguir traballando co noso PDI: O noso monte.

Mirade que concentradiños están todos escoitando as explicacións sobre a protección do monte.

venres, 7 de xuño de 2019

FORMACIÓN PROFES:
KOHA. NOVO PROGRAMA DE XESTIÓN DA BIBLIOTECA

Este ano participamos, xunto con outros 4 centros, no proxecto piloto do novo programa de xestión da biblioteca que está previsto implantar en todos os centros educativos de Galicia, o Programa KOHA que substituirá ao actual Proxecto Meiga.

Xa podedes acceder á nosa OPAC onde poderedes coñecer o catálogo dos nosos fondos.


É por esta razón que os profes tamén nos tivemos que formarnos no manexo deste programa. Aquí vos deixamos algunhas fotos.

Picade na foto para ver mais

xoves, 6 de xuño de 2019

A NOSA PONTE TIBETANA

Aquí tedes a xoia de Chancelas, a Ponte Tibetana que nos fixo o avó de Antón de 3 anos. É un luxo contar con todas as familias que nos están a axudar coa reforma do noso patio.

Moitas grazas a todos.