▼
domingo, 19 de maio de 2019
"AS FAMILIAS CONTAN" CURSO 2018/2019
Grazas un curso mais a tódalas familias polo voso esforzo e colaboración. Sen a vosa participación esta actividade e moitas outras non serían posibles.
sábado, 18 de maio de 2019
CIRCUITO DE AUGA EN CHANCELAS
Mirade que invento nos trouxo o pai de Clara de 5 anos para o disfrute de tódolos nenos e nenas.
Menudo artista!!!! Foi todo un éxito.
Picade na foto para ver mais
RADIOCHANCELAS EN FORMACIÓN
Esta vez tocoulle a quenda aos chancelotes de 5º formarse nisto da radio e como podemos aproveitala para traballar unha morea de cousas. Tivemos a visita de Javi Prado, todo un experto no tema e encandilounos coa súa emoción por este medio de comunicación.
Picade na foto para ver mais
venres, 10 de maio de 2019
ANTÓN CORTIZAS EN CHANCELAS
Este foi un día especial como hai poucos. Os maiores, os pequenos, os profes... todos estabamos desexando que chegase este día despois do esforzo e traballo realizado durante todo o curso.
Recibimos a Antón Cortizas co acordeón de Adrián de 6º e os primeiros en coñecelo foron os chanceliñas de infantil. Esta primeira parte foi moi entrañable e todo grazas a cercanía de Antón cos nenos.
Despois fixemos un descansiño onde algúns nenos e nenas de 5º lle fixeron unha entrevista na radio Antón.
Picade na foto para ver mais
E por último, tocoulle a quenda aos nenos de primaria, que touxeron os seus libros para quedarse co recordo da sinatura de Antón.
Un día intenso e moi especial.
Grazas por todo Antón!!!!
Grazas por todo Antón!!!!
Picade na foto para ver mais
luns, 6 de maio de 2019
MARTES CON ARTE:
TEATRO CON SOFÍA E ENMA DE 2º
Todo un reto para estas nenas de 2º, Sofía e Enma. Tiñan preparado con outra compañeira unha sesión de teatro, pero a falta desta por enfermidade levou a recurrir á improvisación. Non pasou nada, cun pouquiño de axuda puidemos sair do paso.
Ben feito nenas!!!
CONTINUAMOS CO PROXECTO: "O PATIO QUE QUEREMOS"
Queremos agradecer a todos e todas as que estades colaborando na remodelación do noso patio escolar e animar aos que poidades aportar algún gran de area neste sentido.
Xa temos cousiñas moi chulas: un tipi, un circuito de auga, mesas e tocóns no xardín, unha cociniña case rematada para o patio de infantil, o muro pintado con pizarra para debuxar nel...
Ademais temos moitas ideas mais como: un rocódromo, poñer herba no patio de infantil, facer un circuito de troncos e cordas...
Aquí vos deixamos algunhas fotos do que levamos feito.
Picade na foto para ver mais
DÍA DO LIBRO:
APADRIÑAMENTO LECTOR
Co gallo do Día do libro, realizamos co xa é habitual os nosos apadriñamentos lectores. Ésta é unha actividade que lles encanta tanto maiores coma a pequenos. Este ano foi un día un pouco pasado por auga, así que decidimos non arriscar e realizalos dentro do cole, cada un no seu recanto preferido.
Picade na foto para ver mais
RABI XIMNASTA
Como homenaxe a varias das nosas nenas que adican parte do seu tempo libre á ximnasia rítmica, Rabi decidiu vestirse de ximnasta e dedicarlle a Sofía e Natalia de 6º, Lara de 3º 3 Julia de 5 anos unha semana de músicas-timbre relacionadas con este deporte.
Noraboa rapazas polo voso esforzo.
Picade na foto para ver mais
GRAN TRABALLO DOS VOLUNTARIOS DA BIBLIO
Como non nos chegaba co traballo que tiñamos na biblio, agora estamos dentro do Proxecto piloto para a renovación do Programa de xestión da biblioteca. Decímoslle adeus ao Meiga, que aínda que xa o controlabamos estaba un pouco anticuado, e saúdamos ao KOHA, que é mais rápido e intuitivo. O problema é que se nos incrementa o traballo pois temos que pegarlle uns códigos de barra a todos os libros da biblioteca.
MOITAS GRAZAS ás voluntarias e aos voluntarios. Nenos e nenas sen vós sería imposible.
E tamén GRAZAS ás nosas chicas da ANPA que cando teñen un ratiño véñennos a axudar nesta ardua tarefa.
Picade na foto para ver mais
AS RECEITAS MAIS SABROROSAS
Aquí vos deixamos coas participantes do concurso de receitas organizado pola empresa ARUME entre todos os seus comedores.
Grazas ás avoas de Adrián e Iván de 5º por participar e noraboa á avoa de Iván por ser unha das 8 gañadoras do concurso.
Picade na foto para ver mais
sábado, 4 de maio de 2019
MARTES CON ARTE: KICK BOXING CON JAIRO E NACHO DE 3º
Unha vez mais aparece o Kick Boxing no martes con arte, esta vez da man de Jairo e Nacho de 3º, e acompañados de Lucía a súa profesora de artes marciais.
Sempre lembrandolles aos nenos e nenas que é sempre en defensa propia, Nacho, Jairo e Lucía explicaronnos unha morea de cosas moi interesantes e ata fixeron unha exhibición.
Noraboa rapaces e grazas Lucía por visitarnos!!!!