DISFRUTANDO DA HORA DE LER
▼
sábado, 20 de abril de 2019
MARTES CON ARTE:
TEATRO COAS NENAS DE 4º
TEATRO COAS NENAS DE 4º
Esta vez foron Mariña, Rocío e Paula de 4º as encargadas de preparar un teatrillo de marionetas. Con moito esforzo e ensaio, este foi o resultado. Todas unhas profesionais.
Despois tocoulle a quenda a Nuria de 4º e Rebeca de 5º cunha forma moi orixinal de crear historias. Esperamos que vos guste.
venres, 12 de abril de 2019
FORMACIÓN DE USUARIOS EN INFANTIL
Un dos obxectivos do currículo tanto de infantil como de primaria é saber empregar os recursos dunha biblioteca, así que é importante que desde pequeniños ya comecen a manexar os libros. Velaquí tedes aos pequenos de 4 anos tamén facendo formación de usuarios na nosa biblioteca.
ESTELA D´ANGELO EN CHANCELAS
Este ano volvimos a ter a sorte de contar, unha mañá enteira, coa presenza de Estela D´Angelo profesora da Universidade Complutense de Madrid e a Presidenta da Asociación Española de Lectura e de Escritura (AELE), que fixo varios obradoiros de escritura cos nenos do noso cole.