domingo, 25 de novembro de 2018

RADIO CHANCELAS: RECOMENDACIÓNS LECTORAS
CONTOS PARA NENOS QUE DORMEN DESEGUIDA, DE PINTO & CHINTO

XUNTANZA FAMILIAS VOLUNTARIAS

Xa tivemos a nosa primeira xuntanza coas familias voluntarias para retomar as actividades de FAMILIArízate coa BIBLIOTECA. Estamos a argallar unha morea de obradoiros, charlas e outras cousiñas moi interesantes para darlle vida a nosa biblioteca polas tardes. 

Esperamos que poidades asistir e compartir con nós algunha tarde. Todo se fai con cariño e ilusión. Animádevos a participar!!!

Tamén queremos agradecer as familias que nos agasallan con un ratiño do seu tempo en colaborar na organización de todo esto. A todas e todos, GRAZAS.


venres, 23 de novembro de 2018

O NOSO MAGOSTO

Unha vez mais agradecemos a todas as familias que nos acompañaron nesta festa tan tradicional, en especial, as familias que colaboraron na organización da festa.





OBRADOIRO DOS ESCRITORES

Os nosos pequenos escritores de infantil xa están en marcha producindo textos partindo dunha obra literaria. Como en anos anteriores, este curso traballaremos libros dun escritor/a galego/a que despois poderemos coñecer en persoa. Tocoulle a quenda a Antón Cortizas.

A selección de obras foi a seguinte:
  • Infantil: Sopra neste furadiño e O lapis de Rosalía.
  • 1º e 3º: O lapis de Rosalía.
  • 2º: Vaia tropa.
  • 4º e 5º: O merlo de ferro.
  • 6º: Zoonetos.
Aquí vos deixamos as fotos dos mais pequenos.


Picade na foto para ver mais

domingo, 11 de novembro de 2018

MÚSICA TIMBRE
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

xoves, 1 de novembro de 2018

BOOK TRAILERS... DE MEDOOOO!!!!!

E para celebrar o Samaín, a proposta do equipo de Biblioteca foi recomendar un libro de medo a través da creación dun BOOK TRAILER.

Mirade que artistas...
















O SAMAÍN EN CHANCELAS

Aquí vos deixamos unhas fotiños da nosa celebración do Samaín en Chancelas. Grazas a todas as familias por colaborar coas súas cabazas. Quedaron terroríficamente espectaculares.