luns, 18 de xuño de 2018

PDI: O NOSO PATRIMONIO, COMBARRO
XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Estas son algunhas fotiños da xornada de portas abertas do noso PDI (Proxecto Documental Integrado). Esperamos que disfrutedes.


PICADE NA FOTO PARA VER MAIS

EXPOSICIÓNS DO NOSO PDI:
O NOSO PATRIMONIO, COMBARRO


Para os que non puidechedes vir ás exposicións, aquí vos deixamos algunhas fotiños.

EXPOSICIÓN DE INFANTIL


EXPOSICIÓN DE 1º E 2º


EXPOSICIÓN DE 3º E 4º


EXPOSICIÓN DE 5º


EXPOSICIÓN DE 6º

xoves, 14 de xuño de 2018

VOLUNTARIADO EN CHANCELAS

Antes de rematar este curso non nos podemos esquecer dun agradecemento moi especial. Vai dedicado aos nosos VOLUNTARIOS de biblioteca e patio. 

GRAZAS:

por participar, 
por colaborar,
por ensinarnos a mellorar, 
por traballar tanto, 
pola vosa entrega e alegría,
por ser tan responsables, 
por perder non poucos recreos axudando aos demais compañeiros do cole,
por non pedir nada a cambio,
e sobre todo, por dar o voso tempo, poñer o voso corazón e compartir o vos sonriso.

Para os que se van MOI BOA SORTE NO VOSO NOVO CAMIÑO e para os que aínda se quedan, esperamos que, para o vindeiro curso, nos sigades acompañando.

UNHA APERTA MOI FORTE A TODAS E TODOS


mércores, 13 de xuño de 2018

APADRIÑAMENTOS ECOLÓXICOS

Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente realizamos os xa coñecidos APADRIÑAMENTOS LECTORES. Os maiores fixeronse cargo da hora de ler cos pequenos e este foi o resultado.

sábado, 2 de xuño de 2018

AS FAMILIAS CONTAN

Como todos os anos, na aula de 5 anos organizamos a actividade "As familias contan" na que tivemos unha gran variedade de propostas. Aquí vos deixamos un resumo de algunha delas.

Picade na foto para ver mais

venres, 1 de xuño de 2018

PREPARANDO AS EXPOSICIÓNS DO PDI PARA A XORNADA CULTURAL 

Xa están a piques de comezar as nosas exposicións do PDI. Este xoves temos un ensaio e o venres... o gran día.


E POR FIN A VISITA DE... FINA CASALDERREY

Esta visita foi todo expectacación dos profes, das familias e, sobre todo, das nenas e nenos.

 Tanto os de infantil como os de primaria estiveron nerviosos ata que chegou o momento, a aparición de Fina. Foi uns segundos máxicos.

Despois de moito traballar esta foi a recompensa, e como non, tamén a sinatura de libros.


Ademais deixámosvos o vídeo que lle fixemos a Fina entre todo o cole.

MARTES CON ARTE:
BATERÍA, KAYAK POLO E PATINAXE

Agora tocoulle a Teo de 5º presentarnos a súa actuación de batería que, debido á complexidade de ter que traer o seu intrumento, optou por presentárnolo e facer un vídeo chulísimo da súa habilidade coas baquetas.



As seguintes foron as nosas chicas de Kayak Polo, que ata trouxeron toda a súa equipación en nós ensinaron unha morea de cousas. Mais de algún xa estará pensando en experimentar este deporte.

Un oleeeeeeeeee para Inés e Noa D. Tenaglia de 5º.



E por último, como colofón deste martes, a exhibición de patinaxe que nos fixeron Saray, Rocío, Nerea e Lucía de 4º. Para esta tivemos que trasladarnos ao ximnasio para non estragar o chan da biblio. 

Todas unhas expertas patinadoras!!!!