luns, 5 de xuño de 2017

APADRIÑAMENTOS LECTORES EN CHANCELAS

Hoxe, 5 de xuño, Día mundial do Medio Ambiente, conmemoramos tamén o Aniversario de Rabi. E que mellor forma de celebralo que coa lectura dun conto ao aire libre.

Fixemos apadriñamentos lectores. Os nenos/as de 3º,4º,5º e 6º leronlle un conto na hora de ler a un ou dous nenos/as de infantil, 1º ou 2º. 

Un momento máxico.


MÚSICAS ADICADAS AO MEDIO AMBIENTE

Co gallo do Día Mundial do MEDIO AMBIENTE eleximos a seguinte música para o timbre do noso cole.






OS VOLUNTARIOS VISITAN A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE POIO

Como merecida recompensa ao traballo dos voluntarios de biblioteca e aos monitores de patio, a responsable da biblioteca do cole xunto coa coordinadora de xogos de patio, decidiron levar a todos eles a unha excursión para coñecer a Biblioteca Municipal de Poio. Unha vez feita a visita institucional, relaxámonos un pouco na praia de A Canteira onde como non fixemos algún xogo refrescante.




 


domingo, 4 de xuño de 2017

RECOMENDACIÓNS LECTORAS A TRAVÉS DA RADIO MUNICIPAL DE TUI

O colexio de Chancelas quixo contaxiar a súa paixón lectora con outras persoas e a Radio Municipal de Tui deixounos levar a cabo esta experiencia tan bonita en colaboración con outros coles.

Primeiro creamos un club de lectura grazas á colaboración da mestra de música, escollemos libros para ler ao longo das semanas, e unha vez lidos, comentámolos e puxemos en común as nosas sensacións despois da lectura.

A continuación, fixemos un breve resumo e unha reseña do autor, dando paso ao primeiro borrador, que fomos mellorando pouco a pouco. Finalmente, pasamos o borrador definitivo a formato guión, asignando o que vai dicir cada neno/a.

Despois desta primeira parte do traballo, tivemos que gravarnos como profesionais e incluir a música e outros sons que amenizasen a nosa gravación. E por último... a escoitalo na radio.

Aquí tedes os últimos programas que realizamos: