RECOMENDACIÓNS LECTORAS POLO NADAL
▼
luns, 26 de decembro de 2016
RAÚL VACAS EN CHANCELAS
Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º tiveron a visita de Raúl Vacas, autor de Abecé Diario:
Abecé Diario propón xogar coas letras e coas palabras, pero tamén acender ou avivar o interese e o gusto pola poesía. Para isto é importante perderlle o medo e convertila nun instrumento de aprendizaxe e nun método de descubrimento das cousas.

DESMANTELANDO A BIBLIOTECA
Ufff!!! Os voluntarios da biblioteca, os profes e unha chea de colaboradores andamos a cen por hora.
Nas vacacións de Nadal van a facernos obras na Biblioteca e temos que deixar todo listiño. Estamos a recoller e gardar todos os materiais da biblioteca: libros, audios, videos, xogos... Non paramos!!!
ESTELA D´ANGELO A 1º DE PRIMARIA
Aquí tedes o obradoiro que fixeron os nenos e nenas de 1º con Estela D´Angelo, profesora da Universidade Complutense de Madrid e Presidenta da Asociación Española de Lectura e de Escritura (AELE).
Primeiro leunos un fragmento do libro de Eduardo Galeano, Los sueños de Helena, e a partires de ahí... a escribir...
Toda unha profesional, é un luxo contar con ela.